Proxectos en penitenciarías

AULA DE CULTURA NO CENTRO PENAL DE TEIXEIRO (TEIXEIRO)

O entorno penintenciario é un dos sectores da sociedade máis illado debido as súas características. Dende a OCV preténdese achegarlles ás persoas reclusas alternativas culturais en forma de actividades varias como videoforums, palestras e obradoiros prácticos (orientación para a procura de emprego, economía doméstica, etc.) que se levan a cabo grazas aos proxectos deseñados e desenvolvidos polo propio voluntariado e ás colaboracións puntuais de profesionais dos ámbitos da cultura, do dereito, da sanidade e doutros sectores. O programa desenvólvese os sábados pola mañá.