Proxecto de sensibilizacion en EpD

SENSIBILIZACIÓN DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA (A CORUÑA E FERROL)

Este proxecto vai dirixido a sensibilizar á comunidade universitaria sobre diversas temáticas relacionadas cos dereitos humanos. O voluntariado que partipa neste proxecto, diseñará tanto os materiais de sensibilización como as propias dinamicas e xogos de carácter lúdico que se realizarán para intentar chamar a atención dos seus compañeiros universitarios sobre a importancia da súa participación como cidadáns activos.

Este proxecto vén de ser recoñecido no 2015, coa súa inclusión na Guía de Boas Prácticas en Materia de Cooperación Univesitaria ao Desenvolvemento, editada pola CRUE (Conferencia de Reitores das Univesidades Españolas), no seu apartado de Sensibilización.
Acceso ao blogue do programa Mexmes
Outros materiais:
"Unha ollada á educación"

"Rachemos os círculos"