Apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas

Aulas de español para persoas estranxeiras (Ferrol)

Este proxecto xurde como ampliación da Aula Intercultural de Apoio escolar a Menores, xa que detectouse a necesidade de ofrecerlle a persoas adultas de orixe estranxeiro (nalgúns casos as nais dos menores), clases de español para facilitarlles a interacción no día a día e favorecer así a súa inclusión na sociedade.

O voluntariado acode ao campus de Esteiro os luns e mércores en horario de 16 a 18 h, e aprenden a lingua castelá ás persoas usuarias.

Aulas para a preparación dos exames de nacionalidade española (Ferrol)

Dous días á semana (luns e mércores de 18 a 20 h), persoas que buscan obter a nacionalidade española recibirán formación específica para presentarse aos exames que lles permitan obter os Coñecementos Constitucionais e Socioculturais de España (CCSE). O CCSE é unha proba de exame elaborada polo Instituto Cervantes que avalía, por medio de distintas tarefas, o ceñecemento da Constitución e da realidade social e cultural españolas, un dos requisitos establecidos nas leis para a concesión da nacionalidade española para sefardíes orixinarios de España e para a adquisión da nacionalidade para residentes en España, segundo corresponda.