Formación

Datas Título Duración Cidade

27/09/2018

Xornada “Transformar o noso mundo. Estratexias feministas dende Filipinas” 3,5h Coruña

19/10/2018

Xornada “Artellando Redes” (Mulleres liderando o mar) 8h Ferrol

26 e 27/10/2018

Curso básico de voluntariado 16h Coruña

05/11/2018

XIV Xornada de sensibilización sobre interculturalidade: Interseccionalidade e identidades diversas 8h Ferrol

Do 4/10/2018 ao 30/11/2018

Curso de formación específica de posgrao en Cooperación e Educación ao Desenvolvemento 60h Coruña

Del 29/10/2018 al 21/12/2018

Obradoiro cineforum "ConcienciArte" 8 horas Coruña

9 e 10/11/2018

Curso básico de voluntariado 16h Ferrol

19 e 20/11/2018

Xornada “A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030” 15h Vigo

 

Para levar a cabo os proxectos de voluntariado da OCV, é unha ferramenta fundamental a formación integral do voluntariado no tocante a temáticas vencelladas á educación para o desenvolvemento, a inmigración e a diversidade cultural, a exclusión social etc.  Para elo realizamos:


- Formación básica: cursos de introdución ao voluntariado, onde se tratan aspectos como o concepto de voluntariado, as súas motivacións e actitudes, a lexislación, a ética e a confidencialidade, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, os ODS, etc.

- Formación específica. cursos monográficos sobre as diferentes áreas de voluntariado en que colaboramos. Algúns deles son: habilidades sociais, menores en risco de exclusión social, animación hospitalaria, diversidade funcional, inmigración e cooperación...

- Seguimento personalizado baseado no acompañamento formativo do voluntario ou voluntaria, por parte das persoas con máis experiencia.

 A formación impártese habitualmente nos meses de outubro a abril, posto que o obxectivo é formar ao voluntariado que participa nos proxectos que se levan a cabo durante o curso académico.

 

A formación para o voluntariado é gratuita. Para o resto, indícase o prezo.