María González Flores, estudante do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento, viaxa a Palestina coa ONG Asamblea de Cooperación pola Paz, para colaborar na elaboración dun estudo de caso pormenorizado sobre os factores que supoñen un obstáculo para acadar a igualdade de xénero en Palestina, identificando polo menos 2 elementos claros que poidan ser modificados. Este proxecto enmárcase dentro dunha estratexia máis ampla impulsada por ACPP e PARC para dispor de datos actualizados sobre desigualdade de xénero na rexión de cara a realizar intervencións pertinentes e efectivas.

Gloria Parra Sánchez, estudante do Mestrado en Políticas Sociais e IntervenciónSociocomunitaria, especialización en Migracións, viaxa a Guatemala coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia para participar no proxecto levado a cabo por SIEMBRA y ANGUADE no municipio de Concepción Chiquirichapa para promover a vixencia do dereito á saúde e o dereito a un medio ambiente saludable, con participación comunitaria de mulleres e homes, fortalecemento de capacidades institucionais e coordinación con Centro de Saúde e organizacións da Sociedade Civil que traballan por el desenvolvemento no municipio.

Raquel Meizoso Amarelo, estudante de Socioloxía viaxa a Atenas coa ONG AIRE e colaborará no proxecto "Humanidade", un antigo hotel situado no centro de Atenas rehabilitado e xestionado por varias ONGs para dar atención integral a mulleres refuxiadas embarazadas e/ou con bebés lactantes. 

Sandra Pérez Rodríguez, estudante de arquitectura viaxa a Guatemala coa ONG Arquitectura Sen Fronteiras para participar nos proxectos que se están levando a cabo alí, o primeiro un proxecto de coñecemento da realidade que consiste en recadar információn da realidade alí existente e analizar as capacidades técnicas apropiadas, así como o estudo de construcións para a educación existentes e a colaboración na mellora da calidade educativa da Escola de Victorias, o outro proxecto consiste na de mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu

Clara Presedo Rama, estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria, viaxa a Honduras coa ONG Sólida para participar no proxecto de Inclusión social da adolescencia e xuventude. Pretende contribuir á construcción dunha sociedade máis xusta e comprometida, dándolle especial protagonismo ás mulleres, xuventude e infancia.

Laura Freijeiro Longueira, estudante de Fisioterapia, viaxa a Santo Tomé e Principe coa ONG Cooperación Bierzo Sur. O proxecto Tratamento e atención de fisioterapia en pacientes queimados en Santo Tomé e Príncipe” trata dunha memoria onde se recolle a información obtida tras o voluntariado neste país, sobre como a práctica fisioterapéutica pode mellorar a recuperación dun paciente queimado no ámbito hospitalario, facendo que a súa estadía se vexa reducida e obtendo un maior coste-beneficio, ademáis de poder diminuír os efectos das diversas morbi-mortalidades tanto precoces como tardías acarreadas.

Inés Sánchez Peña, estudante de Comunicación audiovisual  viaxa a Nepal coa ONG Camina Nepal  para axudar nos proxectos levados a cabo co fin de que dispoñan dunha axuda continuada e conseguir así que as necesidades básicas dos nenos e nenas acollidos sigan cubertas en todo momento, a vez que desenvolve accións relacionadas con diversas áreas como a educativa, sanitaria, material, social, etc, co fin de mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas que alí viven.

Paula González Fernández, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levar a cabo un proxecto que consiste nunha intervención de fisioterapia a domicilio, acudindo de maneira persoal ao fogar daqueles nenos e nenas da illa de Santo Tomé e Príncipe que, por diversos motivos, non poden desprazarse ao centro de día, facilitándolles así o acceso á fisioterapia. A través desta intervención intentarase mellorar, na medida do posible, a súa calidade de vida, e tamén formar ao seu entorno familiar acerca de como fomentar a súa evolución.

Daniel Vázquez Paredes, estudante de Arquitectura viaxa a Guatemala para levar a cabo un proxecto de coñecemento da realidade que consiste no estudo da construción e a eficiencia enerxética da arquitectura de cooperación no departamento de Retalhuleu para a mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable da zona.

Tania Barreiro Torregrosa, estudante de Educación Social viaxa a Honduras coa ONG ACOES para colaborar no proxecto educativo "No se nace machista, se llega a serlo". Este proxecto está dirixido a pobloación preadolescente e adolescente para incidir na importancia da igualdade de xénero. Entendendo as etapas previas da vida adulta como de formación de identidade, considerase de gran importancia conformar un pensamento a marxen de roles e estereotipos machistas que perpetúen o sistema patriarcal actual, por isto pretende alcanzar a iniciación nun pensamento feminista no que pretende ser guía de proceso e promotora de diálogo.

Gonzalo León González, estudante de Fisioterapia viaxa a Etiopía coa ONG Holystic Pro África para colaborar no proxecto de Educación e Formación en Fisioterapia Respiratoria e a súa implementación clínica na patoloxía neurolóxica pediátrica. Este proxecto está destinado a educar e formar os voluntarios e profesionais que colaboran na clínica da ONG (Wukro,Etiopía) en Fisioterapia Respiratoria adaptando os coñecementos e técnicas a nenos con afectacións neurolóxicas. Ademais este proxecto está enfocado a unha formación académica, xa que realiza un estudo do sistema respiratorio dos pacientes para poder determinar o posible risco de patoloxía respiratoria.

Juan Domingo Quintela Vázquez, estudante de Tecnoloxía da Enxeñaría Civil viaxa a Mozambique coa Univerdidade da Coruña para realizar unha análise da evolución historica da batimetría da baía de Inhambane. O proxecto consiste en establecer un método para o levantamento do relevo subacuático en augas pouco profundas ou intermedias a través de imaxes satelitais. A metodoloxía será testada na baía de Inhambane.

Aloia Fernández Álvarez, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levarr a cabo o seu proxecto de lmplantación da fisioteropia no ámbito deportivo orientado aos diferentes clubes de Santo Tomé e Príncipe. O proxecto consistena realización dunha serie de actividades a realizar durante a estadía no país, na cal, tratara de dar a coñecer a fisioterapia deportiva e promover a mellora na calidade de vida dos deportistas mediante arealización dun programa de prevención de lesións e abordaxe das diversas patoloxías que se dan a consecuencia da práctica deportiva. Ademais de promover a actividade física e o deporte na poboación de Sáo Tomé, previndo así enfermidades.

Adrián García González, estudante de fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levar a cabo o proxecto de tratamento e atención de Fisioterapia a persoas con discapacidade temporal, consiste nunha memoria da actividade realizada durante a estadía no país, durante a cal mediante a fisioterapia tentará promover e mellorar a calidade de vida dos pacientes hospitalizados por mor dunha discapacidade temporal, intentando que o tempo de hospitalización sexa o menor posible e reducir as secuelas que poida orixinar a patoloxía que sofren.

Andrea de la Fuente Díaz, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Principe coa ONG Cooperación Bierzo Sur. O proxecto “Posta en marcha do primeiro centro de día de Santo Tomé e Principe” centrase nunha intervención basada no aumento da preparación do persoal do centro de día, mellorando a intervención de éstos nos diferentes perfiles de pacientes, axudando a promover unha evolución máis positiva dos mesmos e unha mellor calidade de vida e funcionalidade en todos eles.

María Doce Prada, estudante de Fisioterapia viaxa a Santo Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para levar a cabo o seu proxecto Atención de fisioterapia orientada a persoas co discapacidade permanente. Pretende nun primeiro lugar a elaboración dunha memoria cos datos recollidos durante a estadía, cunha posterior avaliación das condicións das persoas que acuden ó centro de día e por último tratalos segundo as necesidades que cada un deles precisa.

María Dopico Aneiros, estudante de Educación Social, viaxa a Honduras coa ONG ACOES para realizar o seu proxecto “Ferramentas que constrúen realidades” neste proxecto reside a intervención socioeducativa coa poboación de Tegucigalpa. A aalfabetización é un dos obxetivos promordiais, enfocado a través de diferentes módulos e actividades.