Redes

RACU (Rede de Asociacións e Colectivos Universitarios)

O fin para o que se creou a RACU foi o de construír unha base de datos e unha lista de correo electrónico coas agrupacións de estudantes universitarios para, a través dela, difundir información laboral (bolsas, ofertas de emprego), social (plataforma UDC-Prestige), económica (subvencións), cultural ... coa colaboración da Área de Información Xuvenil (O.S.I.X.) e da Oficina de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano da Coruña, que completa e apoia a información máis especificamente universitaria (congresos, conferencias, obradoiros etc)

Se te queres adherir, envía un correo electrónico a ocvcoop@udc.es

RED (Rede de Educación para o Desenvolvemento)

A Rede de Educación para o Desenvolvemento (RED) creouse en abril de 2002, como punto de encontro daquelas persoas da universidade, preferentemente profesores/investigadores, que estivesen interesados ou traballasen/investigasen en temáticas relacionadas co Voluntariado Social, a Cooperación para o Desenvolvemento, a exclusión social, o desenvolvemento sostible ou a ética científica.Mantense unha fluidez de información e un contacto directo entre os membros da RED para difundir actividades de Cooperación para o Desenvolvemento e fomentar aparticipación nun foro de reflexión e debate.

Se te queres adherir, envía un correo electrónico a ocvcoop@udc.es

RGCUD (Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento)

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea, ten como finalidade promover o traballo en rede entre as Universidades galegas nos eidos da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD), e a Educación para o desenvolvemento (EpD).
A RGCUD pon a disposición de universidades e da sociedade, unha base de datos de accións de CUD e EpD executadas coa participación universitaria. Esta ferramenta pretende facilitar a procura de experiencias e de grupos de traballo cos que poder xerar sinerxias nestas áreas.
Á súa vez, elabora un plan de formación anual destinado á comunidade universitaria galega, facilitando información sobre a oferta formativa existente en cooperación e educación para o desenvolvemento en Galicia e nas universidades españolas, e informa sobre as convocatorias existentes en CUD e EpD.
Comprendendo que o traballo en rede xera maiores e mellores impactos na transformación cara a un mundo xusto e equitativo, a RGCUD constitúese como a resposta da comunidade universitaria galega para afrontar este reto, e pretende converterse no referente galego da investigación, da educación e da cooperación universitaria ao desenvolvemento en Galicia.