Convocatoria para a certificación de experiencias de Aprendizaxe e Servizo 2018

 

Queda aberto o prazo para solicitar a certificación á innovación educativa en Aprendizaxe e Servizo para aquelas experiencias levadas a cabo durante o curso 2017/2018.

Como novidade este ano deberá presentarse a documentación en formato dixital a través do rexistro electrónico da UDC. O prazo remata o día 17 de setembro de 2018 ás 15 horas.

Todos os detalles da convocatoria poden consultarse na seguinte ligazón ao taboleiro electrónico:

Documentación necesaria para a presentación da solicitude:

As persoas integrantes da comisión de valoración de proxectos ApS 17/18 son:

  • José Jesús Cendán Verdes. Director da OCV
  • Helena Zapico Barbeito. PDI da Fac. de CC. da Educación
  • Thais Pousada García . PDI da Fac. de CC. da Saúde
  • Lorena Rilo Pérez. Técnica da OCV
  • Ana M. Peña Cabanas. Técnica do CUFIE
  • Carmen Touza Touriño. Xerente da Fundación Abrente
  • Enrique Charlón Cedeira. Alumno do Grao en Educación Primaria da UDC.