CURSOS DE VERÁN 2018

XIV CURSO DE VERÁN TRABALLANDO NA CALIDADE DA LINGUA

18 e 19 de xullo

Programa

Cartel

Prazo de matrícula: do 16 de maio ata o 15 de xullo

Horas de duración: 15

Lugar de realización

Fórum Carballo

R/do Xílgaro s/n. A Milagrosa

Concello de Carballo

Recoñecemento académico

Ao estudantado da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h, máximo 3 créditos por cada curso (Resolución reitoral do 16/10/2017 da UDC)

Perfil preferente do alumnado:

Persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística e no proceso de dinamización da lingua galega: técnicos/as de normalización lingüística e de cultura; dinamizadores/as socioculturais; estudantado, profesorado, membros de asociacións, docentes, animadores etc.

Coordinación

Dirección: Xosé Manuel Sánchez Rei
Secretaría: Marisol Ríos Noya

Entidades colaboradoras

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Concello de Carballo

CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € aplicable a estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC, persoas en situación de desemprego e socios/as da CTNL

Información:

Servizo de Normalización Lingüística. Maestranza, 9. 15001 A Coruña

snl@udc.es 

Tel. 881 011 042 - 881 011 055

Resumo do curso:

Neste curso o traballo centrarase en como potenciarmos o uso dunha lingua de calidade e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos, cal o ensino, a tradución, as novas tecnoloxías etc. As sesións constan de palestras, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan cuestións fonéticas, gramaticais, fraseolóxicas, textuais etc., de forma a aprimoraren o uso oral e escrito da lingua galega. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar na importancia dun galego de calidade nos medios audiovisuais en xeral e tamén no ámbito do humor en particular.

 

Pautas de matrícula

 

Matrícula