Xornada: As Mulleres e o Mar: Novos retos para o século XXI

12/09/18 11:54
  • Congresos, xornadas, conferencias ...

A Xornada "As Mulleres e o Mar: Novos retos para o século XXI", na que se enmarca a Asemblea de AMIT, este ano terá lugar por primeira vez en Galicia, no paraninfo da nosa universidade o día 28 de setembro e contará coa asistencia do reitor e a secretaria xeral da Igualdade.

No acto nomearemos socias ad honorem de AMIT á presidenta do CSIC e á profesora honoraria da UDC Mª Pilar García Negro.

Esta xornada está aberta ao público en xeral e darase un certificado de asistencia ás persoas que o soliciten.

Programa e máis información

Formulario de inscrición

Publicado por: Igualdade de Xénero