XV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua. Lingua e Turismo

3/06/19 12:04

O traballo enfocarase a potenciarmos o uso da lingua no turismo e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos. Utilizamos o galego como un valor e un recurso que teña interese en ser coñecido e valorado polo turismo. As sesións constan de conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analiza o por que, como, onde e cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Haberá turistas que se poidan decantar por Galiza por termos lingua propia?. Estas e outras cuestións centrarán o programa do curso, a que trataremos de dar resposta. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.

 

Lugar de realización

Fórum Carballo

Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n. Barrio da Milagrosa.

15100 - Carballo

Recoñecemento académico

Ao estudantado da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h, máximo 3 créditos por cada curso (Resolución reitoral do 16/10/2017 da UDC)

Perfil preferente do alumnado

Persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística e no proceso de dinamización da lingua galega: técnicos/as de normalización lingüística e de cultura; dinamizadores/as socioculturais; estudantado, profesorado, membros de asociacións, docentes, animadores etc.

Coordinación:

Dirección: Xosé Manuel Sánchez Rei
Secretaría: Marisol Rios Noya

Entidades colaboradoras:

  • Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • Concello de Carballo

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 €. Aplicable a estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC e persoas en situación de desemprego

Información:

Servizo de Normalización Lingüística

Maestranza, 9

15001 A Coruña

snl@udc.gal

Tel. 881 011042

 

Matrícula (prazo aberto ata o 10 de xullo)

 Programa completo

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística