Profesorado da UDC participa con charlas divulgativas no festival Pint of Science

Nota de prensa
16/05/19 13:24
  • Institucional

A Coruña, 16 de maio de 2019.- A Unidade de Divulgación Científica coordina a participación da Universidade da Coruña no festival Pint of Science no que haberá diversas charlas divulgativas de profesorado da UDC.

Entre o 20 e o 22 de maio, no local La Consentida en Alfredo Vicenti, 35, ás 20:00 horas, profesorado da Universidade da Coruña e outros expertos, ofrecerán as seguintes charlas abertas ao público:

  • Luns, 20 de maio:
    • Pasamos de moda. Obsolescencia programada. Impartida por Ánxela Bugallo.
    • Nesgos, nesgos e mais nesgos!. Impartida por Ricardo Cao.
  • Martes, 21 de maio:
    • Informática y cambio social. Impartida por Nieves Rodríguez.
    • Cuestión de tamaño. Impartida por Moisés Canle.
  • Mércores, 22 de maio:
    • Cosas que nunca habías imaginado del hormigón. Impartida por Gemma Rojo.
    • Appyfee frente a la Vespa Mandarinia. Impartida por Nuno Troitiño.

O festival Pint of Science ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes, divertidas, importantes, sobre as últimas investigacións científicas, nun formato accesible ao público en un bar. Ten a intención de ofrecer unha plataforma que permita á xente discutir a investigación coas personas que a levan a cabo. Trátase dunha organización sen fins de lucro, dirixida por voluntarios. Foi creada por unha comunidad de investigadores de posgrao e posdoutorais en 2012. O festival celébrase anualmente durante tres días, simultaneamente en bares de todo o mundo.

Máis información: https://pintofscience.es/events/coruna

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC