Presentación dos datos de inserción laboral dos titulados pola UDC

Nota de prensa
9/10/19 12:41
  • Institucional

A Coruña, 9 de outubro de 2019.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e o director do Observatorio Ocupacional da UDC, Paolo Rungo, presentarán en rolda de prensa o informe “Inserción laboral e características do emprego dos egresados e egresadas da Universidade da Coruña”.

Este informe recolle os datos de inserción laboral dos titulados no ano 2015. A presentación farase na Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza) mañá xoves, 10 de outubro, ás 11:30 horas.

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC