O voluntariado da Universidade da Coruña colabora coa Cruz Vermella para facer compras a persoas en situación de vulnerabilidade ante a COVID-19

Nota de prensa
25/03/20 12:57
  • Covid-19 Institucional

A Coruña, 25 de marzo de 2020.- O voluntariado da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña colabora co dispositivo que, con motivo  da COVID-19, está a poñer en marcha a Cruz Vermella para facer pequenos recados a familias e persoas en situación de vulnerabilidade, como por exemplo facer unha pequena compra ou levarlles a comida xa feita que prepara a Cociña Económica, sempre preservando as medidas de seguridade para evitar os contaxios.

A iniciativa porase en marcha na cidade da Coruña, con persoas voluntarias que xa están formadas e que estiveron colaborando coa OCV durante o primeiro cuadrimestre, e que é principalmente estudantado; pero en función da demanda non se descarta abrir a convocatoria a toda a comunidade universitaria que queira colaborar e ampliar tamén as accións de voluntariado.

 

#UDCnonPara       

#QuedaNaCasa

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC