NORMAL inaugura a exposición “Aralladas” do escultor e profesor Alberte Oro Claro

Nota de prensa
10/04/19 10:05
  • Institucional

A Coruña, 10 de abril de 2019.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará esta tarde, ás 20:00 horas a exposición “Aralladas” do escultor e profesor Alberte Oro Claro, na sala de intervención cultural universitaria NORMAL, no campus de Riazor.

A mostra, que poderá verse ata o 29 de maio recolle esculturas con obxectos do cotiá, reinterpretados para provocar, roubar sorrisos e brincar co absurdo. Trátase de obras que se moven entre o surrealismo e a arte conceptual: son xogos intelixentes para ultrapasar o evidente e que nada sexa o que parece. O autor rescata obxectos cotiás en mercados de moitos países para reinventalos e dar un novo significado, eso si, con moita retranca galega.

O escultor Alberte Oro Claro, médico de formación, é profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC