Curso de formación básica en Voluntariado (A Coruña)

15/01/19 10:42

O Curso Básico de Formación en Voluntariado, está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíases ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.

Data de celebración: 8 e 9 de febreiro

Horario: 9:30a 14:00 e de 16:00 a 20:30

Lugar de celebración: Centro Universitario de Riazor. Aula 8

As prazas son limitadas, polo que na presincripción se terá en conta a seguinte orde:

- Voluntariado da OCV

- Estudantes e comunidade universitaria da UDC

- Voluntariado doutras entidades

- Resto de persoas interesadas. 

Gratuíto para o voluntariado. 15 € de custe para o resto.

Dous días antes do curso recibirá unha notificación para formalizar a matrícula no mesmo. No caso de non recibila, pasará á listaxe de espera.

 

Programa

 

 

Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado