Curso básico de formación en voluntariado (Ferrol)

4/02/19 8:48
  • Cursos e formación Estudantado
Cartel curso básico Ferrol

O Curso Básico de Formación en Voluntariado, está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíases ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.

 

Data de celebración: 22 e 23 de febreiro

Horario:  venres de 9:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h; sábado de 10.00 h a 14.30 h e de 16.00 h a 20.30 h

Lugar de celebración: Edificiode Apoio ao Estudo (aula -1.1)

As prazas son limitadas, polo que na presincripción se terá en conta a seguinte orde:

- Voluntariado da OCV

- Estudantes e comunidade universitaria da UDC

- Voluntariado doutras entidades

- Resto de persoas interesadas. 

Gratuíto para o voluntariado (en activo e convenientemente acreditado con carné, acordo de compromiso ou certificado expedido pola entidade de acción voluntaria). 15 € para o resto.

Dous días antes do inicio do curso, as persoas que obtivesen praza recibirán unha notificación por correo electrónico para formalizar a matrícula no mesmo. No caso de non recibila, pasará á listaxe de espera.

Formulario de preinscrición

 Programa curso

Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado