Convocatoria axudas transporte urbano A Coruña e áreas metropolitanas 2019/2020

Convocatoria
7/10/19 0:00
  • Bolsas propias Estudantado Pdi funcionario Pdi laboral

Convocatoria de axudas para o transporte urbano na cidade da Coruña e para as áreas de transporte metropolitano da Coruña e de Ferrol, curso 2019/2020.

INSTRUCCIÓNS BÁSICAS:

  1. SOLICITAR A AXUDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN:
    1. https://aplicacions.sic.udc.es/SolicitudeBonobus ou https://servizos.udc.es
  2. CUBRIR UN SOBRE COS TEUS DATOS
  3. PRESENTAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN NO PAVILLÓN DE ESTUDANTES ou no SAPE do Campus de Ferrol:

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  • 2 exemplares da solicitude asinada por todos os membros da unidade familiar:
    • pais, irmáns menores de 25 anos, avós convivintes e outras persoas segundo os casos (ver convocatoria)
  • Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros da unidade familiar maiores de 14 anos (se son menores de 14: fotocopia do Libro de Familia).
  • Padrón actualizado da unidade familiar (ano 2019)

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA (no seu caso)

  1. Documentación económica se non hai datos na AEAT (ler convocatoria)
  2. Acreditación da independencia familiar (ler convocatoria)
  3. Sociedades (copia da acta de constitución, do imposto de sociedades e o resumo anual do IVE)
  4. En caso de separación ou divorcio dos proxenitores (copia da sentenza e convenio regulador)
  5. Xustificación do dereito a algunha das deducións previstas na convocatoria.

É IMPORTANTE QUE, ANTES DE PRESENTAR A TÚA SOLICITUDE, LEAS A CONVOCATORIA E REVISES AS

PREGUNTAS E RESPOSTAS FRECUENTES (FAQ)

Solicíta aquí a túa axuda

Publicado por: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria