Comunicado da Universidade da Coruña a raíz do debate sobre a prostitución

Nota de prensa
6/09/19 20:10
  • Institucional

O debate entre regulacionistas e abolicionistas da prostitución está aberto na sociedade e no propio movemento feminista. É lóxico e ademais desexable que este debate chegue á universidade. Na Universidade da Coruña, dentro das acciones contra a violencia de xénero, estanse a desenvolver, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, accións para desincentivar o uso da prostitución e promover unha educación afectivo sexual que vaia nese sentido, que fomente relacións sas, libres de violencia.

Non estamos en contra das mulleres que exercen a prostitución e por suposto tampouco en contra de que reclamen os seus dereitos. Estamos en contra da prostitución, como “institución” patriarcal, non contra as mulleres que a exercen. E por suposto, estamos en contra de calquera tipo de violencia, coacción, etc. que se exerza sobre as mulleres, calquera muller, traballadora do sexo ou non. E en contra da trata con fins de explotación sexual. Baseámonos no Convenio de Estambul.

A universidade, como espazo libre de circulación de ideas, é un foro apropiado para debater. Na Universidade da Coruña damos cabida a todos os puntos de vista acollendo dúas xornadas organizadas con dous puntos de vista contrarios.

Proximamente terán lugar dúas xornadas sobre este tema: “Violencia(s) contra as mulleres. Sensibilización e acción”, organizadas pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, de carácter institucional; e as “Xornadas sobre Traballo Sexual”, organizadas por unha alumna do Mestrado Oficial de Políticas Sociais na especialidade de Xénero, da Facultade de Socioloxía.

A Facultade de Socioloxía alberga desde hai máis de dúas décadas investigacións relacionadas coa temática da prostitución. Varias docentes da facultade teñen publicado artigos e participado en investigacións científicas de recoñecido prestixio sobre este ámbito no que non hai acordo entre as posturas intelectuais, provocando rupturas dentro do movemento feminista entre as denominadas “abolicionistas” e “pro-dereitos”. Estas Xornadas enmárcanse dentro desta última postura, como outras realizadas hai uns meses na mesma Facultade ían pola primeira vía.

A Facultade de Socioloxía considera que sería máis oportuno realizar un único debate con todas as posturas pero segundo a organizadora das “Xornadas sobre Traballo Sexual”, a diversidade de opinións amosadas entorpeceron o debate en ocasións anteriores e por iso optou por manter esta separación.

As “Xornadas de Traballo Sexual” responden ao debate académico, científico e activista que existe na realidade social actual e non son representativas da liña institucional de pensamento que sobre esta temática mantén activamente a Universidade da Coruña nin a Facultade de Socioloxía, que seguen os criterios establecidos neste ámbito pola Oficina para a Igualdade de Xénero.

 

O compromiso da Universidade da Coruña co feminismo é incuestionable, liña estratéxica desde hai anos, como demostra a creación do Centro de Estudos de Xénero e Feministas ademais da Oficina para a Igualdade de Xénero e da publicación da revista Atlánticas que dedicou o seu último número de forma monográfica á abolición da prostitución.

 

A Coruña, 6 de setembro de 2019

 

 

Comunicado de la Universidade da Coruña a raíz del debate sobre la prostitución

 

El debate entre regulacionistas y abolicionistas de la prostitución está abierto en la sociedad y en el propio movimiento feminista. Es lógico y además deseable que este debate llegue a la universidad. En la Universidade da Coruña, dentro de las acciones contra la violencia de género se están realizando, dentro del Pacto de Estado contra la Violencia de Género, acciones para desincentivar el uso de la prostitución y promover una educación afectivo sexual que vaya en ese sentido, que fomente relaciones sanas, libres de violencia.

No estamos en contra de las mujeres que ejercen la prostitución y por supuesto tampoco en contra de que reclamen sus derechos. Estamos en contra de la prostitución, como “institución” patriarcal, no contra las mujeres que la ejercen. Y por supuesto, estamos en contra de cualquier tipo de violencia, coacción, etc. que se ejerza sobre las mujeres, cualquier mujer, trabajadora del sexo o no. Y en contra de la trata con fines de explotación sexual. Nos basamos en el Convenio de Estambul.

La universidad, como espacio libre de circulación de ideas, es un foro apropiado para debatir. En la Universidade da Coruña damos cabida a todos los puntos de vista acogiendo dos jornadas organizadas con dos puntos de vista contrarios.

Próximamente se celebrarán dos jornadas sobre este tema: “Violencia(s) contra las mujeres. Sensibilización y acción”, organizadas por la Oficina para la Igualdad de Género de la UDC, de carácter institucional; y las “Jornadas sobre Trabajo Sexual”, organizadas por una alumna del Máster Oficial de Políticas Sociales en la especialidad de Género, de la Facultad de Sociología.

La Facultad de Sociología alberga desde hace más de dos décadas investigaciones relacionadas con la temática de la prostitución. Varias docentes de la facultad han publicado artículos y participado en investigaciones científicas de reconocido prestigio sobre este ámbito en el que no hay acuerdo entre las posturas intelectuales, provocando rupturas dentro del movimiento feminista entre las denominadas “abolicionistas” y “pro-derechos”. Estas Jornadas se enmarcan dentro de esta última postura, como otras realizadas hace unos meses en la misma Facultad iban por la primera vía.

La Facultad de Sociología considera que sería más oportuno realizar un único debate con todas las posturas pero según la organizadora de las “Jornadas sobre Trabajo Sexual”, la diversidad de opiniones mostradas entorpecieron el debate en ocasiones anteriores y por eso optó por mantener esta separación.

Las “Jornadas sobre Trabajo Sexual” responden al debate académico, científico y activista que existe en la realidad social actual y no son representativas de la línea institucional de pensamiento que sobre esta temática mantiene activamente la Universidade da Coruña ni la Facultad de Sociología, que siguen los criterios establecidos en este ámbito por la Oficina para la Igualdad de Género.

 

El compromiso de la Universidade da Coruña con el feminismo es incuestionable, línea estratégica desde hace años, como demuestra la creación del Centro de Estudios de Género y Feministas además de la Oficina para la Igualdad de Género y de la publicación de la revista Atlánticas que dedicó su último número de forma monográfica a la abolición de la prostitución.

 

A Coruña, 6 de septiembre de 2019

 

 

 

 

 

 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC