A ministra de Economía e Empresa visita a Universidade da Coruña

Nota de prensa
5/10/18 14:54
  • Institucional

A Coruña, 5 de outubro de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibirá o vindeiro luns, 8 de outubro, na Reitoría (A Maestranza), ás 9:15 horas a ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

A ministra asinará no Libro de Ouro da Universidade. A continuación, ás 10:00 horas, a ministra ofrecerá a charla-coloquio “Resiliencia da economía española nun contorno de desaceleración global”, no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa, aberta a todo o público interesado. A ministra será presentada polo profesor Fernando González Laxe, nun acto no que estará o reitor, Julio Abalde, e o decano da Facultade, Anxo Calvo.

 
 

 

CONVOCATORIA A MEDIOS

Luns, 8 de outubro

 

·        9:15h. Reitoría: Firma da ministra de Economía e Empresa no Libro de Ouro da UDC. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS

 

·        10:00h. Facultade de Economía e Empresa: Coloquio aberto da ministra de Economía e Empresa

 

 

 

 

 

 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC