A Universidade da Coruña inicia o curso cun incremento de matrícula de novo alumnado

Nota de prensa
9/09/19 14:13
  • Institucional

A Coruña, 9 de setembro de 2019.- A Universidade da Coruña comezou hoxe as clases cun repunte na matrícula de novo alumnado. Aínda que os datos son provisorios, segundo destacou esta mañá o reitor, Julio Abalde, están xa ocupadas preto de 3.000 das 3.133 prazas ofertadas, o que supón un incremento con respecto a anos anteriores. “Estamos satisfeitos desde o punto de vista da matrícula de estudantes porque houbo moi boa resposta aos graos novos e tamén porque se ve certa recuperación nas titulacións vinculadas á construción que aumentaron a matrícula”, manifestou Abalde.

O reitor amosou a súa satisfacción pola boa acollida dos novos graos: Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (Facultade de Informática), e Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos (Facultade de Ciencias da Comunicación) que completaron as prazas ofertadas, así como pola recepción do Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación (Facultade de Humanidades e Documentación) e da opción de dualidade do Grao en Enxeñaría Eléctrica (Escola Universitaria Politécnica), que aínda que non cubriron todas as prazas, si acadaron unhas boas cifras.

O reitor realizou estas declaracións nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá para presentar a Xornada de Benvida á UDC, nun acto en que as vicerreitoras Margarita Amor López, de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, e Araceli Torres Miño, de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, detallaron as actividades previstas para recibir ao alumnado universitario para o vindeiro xoves, 12 de setembro, e que se realizarán no Estadio Universitario de Elviña, no Campus de Elviña, e no Campus de Esteiro, en Ferrol.

Esta xornada agrupa as diversas iniciativas de benvida que se realizan na UDC para incluír a todos os colectivos, novos alumnos, de continuidade, estranxeiros, Erasmus…, para facilitar a integración. Respecto ao alumnado estranxeiro, o reitor destacou o incremento de estudantado que se matricula na UDC para realizar toda a titulación, así como o aumento de Erasmus, cunha cifra total que supera os 800 estudantes foráneos.

 

Actividades de Benvida á UDC

Campus da Coruña

Estadio Universitario de Elviña,

Horario: 12:00h – 14:30h e 15:30h–18:00h

 

Asociacións e entidades universitarias participantes

 

AEGEE

CDC Coruña (Jenga xigante)

CUAC FM

ESN (Axuda a estudantes estranxeiros)

FETSAC (Jenga)

HERCLE (Quidditch, Beisbol, Sesión de maxia ás 17:00 h)

INCUDE (Xogos de mesa, xadrez xigante)

Grupos Bíblicos Universitarios

La Regadera Comunicación

UDC Big_Bang (mesa de actividades divulgativas)

Servizo de Estudantes: SAPE/LERD/Bolsas

Centro de Linguas (formación e acreditación de linguas)

CUFIE / ADI (formación e innovación educativa, atención á diversidade, espazo compartido,

PAT)

Cultura

Deportes

Emprego (Oca xigante)

Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV)

Oficina de Medio Ambiente (OMA)

Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

Publicacións

UDC Saudable (promoción de saúde, responsabilidade social comunitaria)

NIN + NIN / Cruz Vermella (información sobre uso e abuso de drogas, tabaco, alcol, entre outras)

Quérote + UDC (saúde sexual e autoestima)

FEAFES (disfunción en saúde mental)

Fundación Abrente (ENKI) (deporte inclusivo, handbikes para probar)

Unidade de Divulgación Científica

CMIX (información tarxeta Milenium, planos da Coruña)

Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia

 

Actividades:

- Culturais

- Deportivas: Tiro con arco, Tests de condición física, Proxección das actividades da Área de Deportes

- Medioambientais: Fornos solares

 

Sorteo agasallos (18:00h)

- 3 tablets

- 20 Suadoiros UDC

- Bolsas da UDC

 

Campus de Ferrol, Esteiro

 

De 11h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h

Praza Humanidades e xardíns do Campus de Ferrol (Esteiro)

 

  1. Postos permanentes de información da UDC:
  2. Asociacións Estudantís
  3. Servizo de Estudantes: LERD-SAPE
  4. Cultura
  5. Deportes
  6. Cooperación e Voluntariado
  7. Oficina para a Igualdade de Xénero
  8. CUFIE – Atención á diversidade
  9. Centro de Linguas
  10. Oficina de Relacións Internacionais
  11. UDC Saúdable
  12. Green Campus
  13. Exhibicións e actividades da Área de Deportes.

Rugby

Esgrima

Bicicletas estáticas

  1. Actividades da Área de Cultura

Panel fotográfico “A volta ao mundo con Ferrol Mola” no Centro Cultural Universitario (planta baixa)

Mostra de produtos oficiais “Ferrol Mola” no Centro Cultural Universitario, Sala de Exposicións (primeiro andar)

Photocall reprodución do stencil “Pachara pinta Ferrol Mola” na Facultade de Humanidades e Documentación (galería da planta baixa)

Concurso “Encontra o macaco de ouro” a través da plataforma/rede social de “Ferrol Mola”

  1. Ás 18.00 h. sorteo de tablets e camisetas para o alumnado inscrito que acredite ter a tarxeta selada cun mínimo de 6 selos
  2. Agasallos: camisetas, bolsas UDC

 

Máis información e inscricións: https://www.udc.gal/gl/sape/Xor-benvida/

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC