A Universidade da Coruña entrega 313 premios ao seu estudantado excelente no Día da Universidade

Nota de prensa
27/01/20 14:00
  • Institucional

A Coruña, 27 de xaneiro de 2020.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu hoxe os actos do Día da Universidade que se celebran pola festividade de Santo Tomé de Aquino nunha homenaxe ao alumnado destacado en todos os niveis académicos.

A Universidade da Coruña instaurou este ano, pero con efectos desde o curso en que inicou o mando o reitor Abalde (2016/2017), os Premios Extraordinarios de Mestrado que se entregaron nun acto previo ao acto central, debido ao elevado número de alumnos premiados, que en total sumaron 313 premios de todos os niveis académicos.

Ás 12:30 horas tivo lugar o acto central do Día da Universidade, no que participou o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril, e o director de Institucións do Banco Santander (entidade financiadora dos premios de grao), Luis Pernas. Entregaronse os Premios á Excelencia Académica no Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior (diploma e un cheque de 457,65 euros); os Premios Extraordinarios de Grao UDC-Banco Santander do curso 2018/2019 (diploma e ingreso de 1.122,44 euros); os distintivos aos novos Doutores e os Premios extraordinarios de Doutoramento (diploma) da convocatoria 2017/2018.

Premios á Excelencia Académica no Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior

Eva María

Añón Pintor

Grao en Educación Social

Clara María

Bode Gómez

Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Carmen

Cadahía Veira

Grao en Dereito

Lucía

Castro Garrido

Grao en Bioloxía

Lucía

Cortés Martínez

Grao en Enfermería

Andrea Carolina

Cozzolino Núñez

Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e Grao en Química

Joaquín

Domínguez Espiñeira

Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

Laura

Fariñas Freije

Grao en Podoloxía

Marta

Fernández Alcantud

Grao en Logopedia

Alejandro

Fernández Marzoa

Grao en Xestión Industrial da Moda

Lucía

Fernández Rumbo

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Anxo

García Gómez

Grao en Terapia Ocupacional

Diego

García López

Grao en Enxeñaría Informática

Melody

García Sánchez

Grao en Educación Primaria

Álvaro

González López

Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito

Andrea

López Enríquez

Grao en Fisioterapia

María

López Mateos

Grao en Náutica e Transporte Marítimo

José Miguel

Lorenzo García

Programa de Simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica

Antón

Méndez Fernández

Grao en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios

Inés

Pampín López

Grao en Estudos de Arquitectura

Carlos

Pena Rodríguez

Grao en Tecnoloxías Industriais

Natalia

Pérez Rodríguez

Grao en Educación Infantil

Jacqueline

Reimúndez Rey

Grao en Comunicación Audiovisual

Alberto

Sánchez Vivas

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

David

Santiago Pérez

Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos

Samuel

Santiago Ramírez

Grao en Economía

Carla

Villar Castro

Programa de Simultaneidade do Grao en Inglés: estudos lingüísticos e literarios

 

Premios Extraordinarios de Grao UDC-Banco Santander

Santiago

Alonso Pérez

Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

Pablo

Aneiros Sanmartín

Grao en Economía

Leticia

Barbadillo Vázquez

Grao en Educación Infantil

Carolina

Carreira Pacoret

Grao en Educación Primaria

Mario

Castro Suárez

Grao en Enxeñaría Mecánica

Laura

Catoira Acín

Grao en Estudos de Arquitectura

Sara

Cochón Barral

Grao en Enxeñaría de Obras Públicas

Ainhoa

Conde Castro

Grao en Náutica e Transporte Marítimo

Laura

Corral Fachal

Grao en Educación Infantil

Laura

Edreira Marzoa

Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

Itziar

Fernández Sömme

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Manuel

Fernández Taboada

Grao en Teconoloxías Mariñas

María

Fernández Zas

Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios

María

Fernández Zas

Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Elizabet

Filgueira Gutiérrez

Grao en Humanidades

Pablo

García Bernárdez

Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Miguel

García Couñago

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Tulio

García de Martín

Grao en Fisioterapia

Laura

García Fernández

Grao en Terapia Ocupacional

Menchu

Garrote Espantoso

Grao en Información e Documentación

María

Gato Martínez

Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Rodrigo

Gil Cedillo

Grao en Educación Social

Santiago

Golpe Mantiñán

Grao en Enxeñaría Eléctrica

Carla

Gómez Castro

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Adriana

Gómez Redondo

Grao en Turismo

Francisco José

González Caballero

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Carla

Iglesias Carballido

Grao en Podoloxía

Javier

Lago Lago

Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

Eduardo

Lampón Sánchez

Grao en Dereito

Paula

López Álvarez de Neyra

Grao en Arquitectura

Junquera

López Seijas

Grao en Bioloxía

Íñigo Luis

López-Riobóo Botana

Grao en Enxeñaría Informática

Rut

Martínez Sánchez

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Silvia

Neira Prieto

Grao en Dereito

David

Otero Freijeiro

Grao en Enxeñaría Informática

Darío

Pérez Bergantiños

Grao en Dereito

Antía

Pintor Labandeira

Grao en Química

Sofía

Pires Martínez

Grao en Enfermaría

Adriana

Rial Justo

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Noelia

Rivadas López

Grao en Logopedia

Viviana Carolina

Rizo Darias

Grao en Ciencias Empresariais

Sofia

Sánchez Bello

Grao en Enfermaría

Susana

Sanmartín Guillen

Grao en Educación Primaria

Manuel

Silva Díaz

Grao en Comunicación Audiovisual

María

Varela Loimil

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Mateo

Vázquez Maceiras

Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

Raquel

Vidal Blanco

Grao en Socioloxía

Claudia

Viña Vázquez

Grao en Ciencias Empresariais

 

Premios extraordinarios de Doutoramento

Lorena

Alonso Marañón

Raquel

Carballo Castosa

Rodrigo

Carballo Sánchez

Juan José

Cartelle Barros

Iván

Clavel San Emeterio

Ignacio

de la Peña Zarzuelo

Miguel

Dongil Sánchez

Marta

Esperanza Llera

Isabel

Gil Gesto

Oscar Armando

Lenis Rojas

Beatriz

López Bermúdez

Paloma

López de Figueroa

Ángela

López Sainz

Guillermo

Lorenzo Gómez

Luisa

Losada Puente

José Antonio

Méndez Arredondo

Adrián

Moure Rosende

María Verónica

Prego Faraldo

Carlos José

Rey Cabezudo

Sonia

Rico Alonso

Sabela

Rivas Neira

Marta

Seoane Méndez

 

 

Acto académico do Día da Universidade 2020

Discurso do Reitor, Julio Abalde

 

Sr. Presidente do Consello Social da UDC

Sr. Director de Institucións do Banco Santander,

Autoridades, representacións,

Membros da comunidade universitaria

Familiares, amigas e amigos todos:

 

Celebramos hoxe o Día da Universidade, a tradicional festividade de San Tomé, patrón dos estudantes.

Na Universidade da Coruña aproveitamos este breve alto no ecuador do curso para facer público recoñecemento do talento e do esforzo dos nosos mellores alumnos e alumnas.

A perseveranza na procura da excelencia é unha das cualidades que definen as universidades desde o seu nacemento mesmo: excelencia na docencia e na investigación e excelencia tamén no traballo dos e das estudantes no tempo de preparación no campus.

O Paraninfo reborda hoxe excelencia e talento.

Están os estudantes galardoados cos premios á excelencia académica no bacharelato e nos ciclos formativos de grao superior. Zume novo que acaba de chegar ás nosas facultades e escolas co magnífico aval do seu rendemento previo a comezar a carreira nos campus da Coruña ou de Ferrol.

Igualmente outorgamos os premios extraordinarios das titulacións de grao ao alumnado que completou a formación nas súas correspondentes carreiras facendo unha exemplar demostración de talento, traballo e sentido da responsabilidade.

No nivel de doutoramento, entregamos os distintivos aos novos doutores e doutoras pola Universidade da Coruña e os diplomas acreditativos aos que, na súa formación investigadora, se fixeron así mesmo acredores dos premios extraordinarios.

Para todas e para todos a miña máis cordial felicitación, a do equipo de goberno que presido e a de toda a nosa comunidade universitaria. Parabéns, igualmente, para os familiares que vos acompañan e cuxa satisfacción nos resulta moi doado compartir.

Este ano, por primeira vez, incluímos na homenaxe do Día da Universidade a todos aqueles estudantes que destacaron polo seu aproveitamento ao cursaren algún dos másteres oficiais.

Na actualidade o noso catálogo consolidado de másteres ou mestrados está formado por medio cento de títulos, a maioría de carácter interuniversitario, cunha matrícula próxima aos dous mil alumnos e alumnas.

Quixemos aproveitar esta primeira vez para agasallar tamén os mellores expedientes de mestrado dos dous cursos anteriores.

O elevado número de premiados fixo imposible reunir a todos no Paraninfo. Esta é a razón pola que se desdobrou o acto e a entrega de diplomas dos premios extraordinarios de másteres desenvolveuse aquí mesmo hai un par de horas.

A eles expreseilles, xunto coa nosa felicitación, o agradecemento da Universidade da Coruña. Un agradecemento que tamén quero transmitirlle agora a todos os presentes neste acto solemne.

Agradecemento, desde logo, por confiar na Universidade da Coruña para cursar os estudos superiores. Pero, sobre todo, polo compromiso demostrado e o exemplo que supón a vosa traxectoria  tanto para o resto do estudantado como para o profesorado e o persoal que traballa nos campus.

O talento é a materia prima das universidades. Con el traballamos o mesmo no ámbito da docencia que no da investigación. O mesmo para formar profesionais de primeiro nivel que para facer investigación básica e aplicada.

Desde un punto de vista individual, acceder á educación superior é un dereito a cuxa cobertura atendemos as universidades públicas, sostidas fundamentalmente cos recursos que nos achega a sociedade.

É un camiño de realización persoal e de promoción social para alcanzar obxectivos sociais, económicos e culturais. En Galicia contamos cun sistema universitario formado por tres universidades públicas de calidade, con capacidade para satisfacer esa demanda e formar, ao máximo nivel, a profesionais de calquera ámbito do coñecemento.

O obxectivo primeiro, nuclear, das universidades do século XXI segue sendo a formación do alumnado a través da transmisión do saber.

Mais o mundo de hoxe, de natureza extremadamente cambiante, esixe que a formación, ademais de sólida e completa, vaia acompañada de destrezas e habilidades transversais para a formación permanente, esixe “aprender a aprender”, formación práctica e competencias novas en contornos dixitalizados.

Ademais, a docencia de calidade forma coa investigación un binomio  inseparable. Ambas dimensións son os piares das boas universidades e ambas misións –a académica e a científica– se retroalimentan e fortalecen mutuamente.

En tempos de transformacións aceleradas, as universidades pasan a ocupar un lugar central como motor do progreso e do desenvolvemento económico. Non só debemos adaptarnos aos cambios, senón que en boa medida temos que lideralos.

O coñecemento, a aplicación do talento cos bos profesionais universitarios e coa transferencia do coñecemento que se xera nos campus son fundamentais no novo modelo de economía.

Daquela, as universidades temos que investigar moito e ben. Temos que facer a investigación básica e a investigación aplicada imprescindibles para o progreso da sociedade á que nos debemos e para a que traballamos.

Temos que ensinar, temos que investigar e temos que lle transferir ao tecido socioprodutivo o coñecemento necesario para que a innovación estimule o progreso.

Así é que, desde un punto de vista social e como universidades públicas, asumimos roles prioritarios na xeración e na execución da I+D+i pública.

A responsabilidade é, pois, moi alta. A sociedade e os seus gobernantes deben telo presente nos seus proxectos e nos seus orzamentos.

As grandes reformas vividas polas universidades galegas e españolas nos últimos tempos obedecen precisamente a esa necesidade de enfrontar os novos retos e desafíos con solvencia e eficiencia docentes e científicas.

Os cambios na estrutura de titulacións, a incorporación de novos graos, a configuración dun bo catálogo de posgraos, o reforzamento e potenciación da formación investigadora a través do doutoramento, a innovación metodolóxica na docencia, a internacionalización, o incremento da participación científica en proxectos e redes internacionais ou a decidida cooperación coas empresas e coas administracións publicas en docencia e investigación son algúns dos visibles efectos do proceso de modernización abordado pola Universidade da Coruña nos últimos anos.

Sen solución de continuidade cos últimos catro anos, eu e o meu equipo de goberno comezamos estes días unha nova etapa, logo de que a comunidade universitaria nos renovase a confianza no proceso electoral que se desenvolveu en decembro último.

Móvenos o compromiso coa nosa institución, o sentido da responsabilidade e unha ilusión renovada. Enerxía e confianza para seguir avanzando nos proxectos que temos en marcha e para desenvolver as ideas coas que formulamos o programa para a expansión da Universidade da Coruña nos anos vindeiros.

Sexan proxectos de gran calado, melloras na calidade de docencia, investigación e servizos ou reformas para mellorar a xestión, todas as iniciativas fortalecerán a Universidade da Coruña e redundarán en beneficio do noso alumnado, primeiro, e da sociedade no seu conxunto, en último termo.

Entre outras moitas cousas, imos incrementar as titulacións plurilingües e internacionais e a aumentar a oferta de mobilidade para estudantes saíntes, mentres traballamos na internacionalización do currículo e a mobilidade virtual para garantir a inclusión internacional de todo o estudantado.

Este vindeiro curso 2020-2021 implantaremos un título: o Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, en tanto ultimamos a incorporación do Grao en Turismo como título propio e, daquela, con prezos de matrícula públicos.

Para o seguinte curso esperamos poder sumar xa un novo título compartido (neste caso coa Universidade de Vigo), o Grao en Relacións Internacionais, que se impartirá na Facultade de Humanidades de Ferrol.

Acabamos de completar o proceso de reconfiguración dos campus como Campus Sustentabilidade e Campus Innova, na Coruña, e Campus Industrial, en Ferrol. Queremos que os títulos de grao e mestrado e os programas de doutoramento encaixen neste proceso de especialización xunto cos grupos de investigación e os centros tecnolóxicos.

Precisamente sobre o Campus Innova se nucleará o proxecto da Cidade das TIC, un ambicioso plan para unir investigadores da UDC e das empresas do sector das tecnoloxías da información e da comunicación e crear un polo de excelencia punteiro con proxección  internacional.

En Ferrol proxectamos construír un Centro de Investigación en Industria Intelixente, outra iniciativa de enorme interese e transcendencia para o Campus Industrial e para Galicia.

En ambos casos contamos, como digo, coa colaboración das administracións públicas e das principais empresas de cada ámbito.

A cooperación institucional e a conexión co contorno socioprodutivo rendibilizan sinerxías e permítennos alcanzar obxectivos comúns e moi positivos para o progreso do país.

Mellor docencia, mellor investigación e relación máis estreita con administracións e empresas significan  titulados e tituladas mellor preparados.

E a boa preparación dos nosos egresados reflíctese, non o dubiden, nun elevado índice de inserción laboral, por enriba da media galega e da media española, segundo confirmou en 2019 o primeiro estudo de empregabilidade sobre titulados polo plan Boloña.

Antes de rematar quero agradecer de novo a colaboración do Banco Santander para a dotación económica dos premios extraordinarios fin de grao.

Máis nada. Reitérolles a felicitación e o meu desexo de que os vosos seguintes pasos (académicos ou profesionais) estean definidos polo mesmo éxito que o demostrado ata agora co voso talento e co voso esforzo. Moitas grazas”.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC