A Universidade da Coruña acolle a inauguración do curso académico das tres universidades galegas

Nota de prensa
3/09/18 21:53
  • Institucional

A Coruña, 3 de setembro de 2018.- O Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá este venres, 7 de setembro, ás 12:00 horas o solemne acto de apertura do curso universitario 2018/2019 das tres universidades de Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidirá o acto de apertura xunto co reitor da UDC, Julio Abalde Alonso. A lección inaugural correrá a cargo do profesor doutor Moisés Alberto García Núñez, da área de Organización de Empresas, docente na Facultade de Ciencias do Traballo, quen impartirá a conferencia “O ruído industrial”. A continuación, o reitor Abalde lerá o discurso antes de dar paso ao presidente da Xunta, quen procederá a inaugurar o curso.

Coa actuación do Coro da Universidade da Coruña concluirá o acto.

Publicado por: Gabinete de comunicación da UDC