A Facultade de Economía e Empresa aproba manter a oferta do Grao en Ciencias Empresariais

26/07/19 10:33
  • Académica Estudantado

O día 24 de xullo a Xunta da Facultade de Economía e Empresa aprobou por unanimidade manter a oferta do Grao en Ciencias Empresariais. Deste xeito, dáse continuidade a un título de longa tradición e prestixio na Universidade da Coruña, que conta cun notable recoñecemento por parte da sociedade manifestado tanto na demanda de ingreso dos estudantes como na inserción laboral dos graduados.

Publicado por: Facultade de Economía e Empresa