A Escola de Náutica acolle unhas xornadas sobre o impacto das tecnoloxías dixitais no sector marítimo e no ámbito da actividade portuaria

Nota de prensa
4/05/21 12:31
  • Institucional

A Coruña, 4 de maio de 2021.- O Instituto Universitario de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña, que dirixe o profesor Fernando González Laxe, organiza os vindeiros días 6 e 7 de maio as xornadas “O impacto das tecnoloxías dixitais no sector laboral marítimo e no ámbito da actividade portuaria”, que terán lugar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas.

A secretaria do Instituto, coordinadora das Xornadas, María José Rodríguez Docampo, abrirá o evento xunto co director da Escola, Felipe Louzán, o xoves, 6 de maio ás 16:30 horas e seguirá co seguinte programa:

 

17:00h Conferencia. Luz Baz Abella, coordinadora para España da Federación Internacional dos traballadores do Transporte, “Dereitos das Xentes do Mar segundo o Convenio sobre o Traballo Marítimo 2006 (MLC 2006)”

18:30h Mesa redonda

Modera: Felipe Louzán Lago, director da ETSNM

-Xosé Manuel Carril, profesor Titular de Dereito Laboral da Facultade de Dereito da UDC, “Unha perspectiva iuslaboralista do impacto dos avances tecnolóxicos aplicabéis ao buque”

-Luis Carral Couce, profesor Titular de Universidade, Doutor Enxeñeiro Naval, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial da UDC, “A innovación tecnolóxica nos sistemas do buque e a súa influencia sobre as labores dos tripulantes

- Julio Louro Rodríguez, capitán da Mariña Mercante, profesor Contratado Doutor, departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da UDC, “Estado actual das condicións de traballo e saúde laboral no transporte marítimo”

20:00-20:30h Coloquio

Venres, 7 de maio

10:00h. Conferencia

Presentación a cargo de Fernando González Laxe, director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos.

- Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, “Os novos retos do Porto da Coruña, no contexto da súa competitividade e transición dixital“

12:00h Mesa redonda

Modera: Mª José Rodríguez Docampo, secretaria do IUEM

- Alsira Salgado Don, capitana da Mariña Mercante, profesora Axudante Doutora, departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da UDC, “Axudas á navegación no porto da Coruña”

- Antonio Abelleira Argibay, director Xeral de Operacións do Grupo Nogar. “Compromiso coa seguridade, automatización e protección do medio ambiente na actividade portuaria e loxística marítima”

- Walter del Río Corbeira, práctico Maior do Porto da Coruña. “Novas tecnoloxías aplicadas ao practicaxe”.

13:30h-14h Coloquio

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC