Manual de benvida para investigadores

Estimado/a investigador/a:

No nome da Universidade da Coruña (UDC) dámoslle a benvida e os máis sinceros parabéns pola súa incorporación ao cadro de persoal da universidade. Así mesmo, agradecémoslle que pensase na nosa institución como destino para o desenvolvemento da súa actividade investigadora.

O obxectivo principal deste manual é facilitar a súa rápida integración e mostrar os valores que nos avalan como organización, a súa estrutura, os servizos de apoio que ofrece a institución e aqueles procedementos máis habituais de funcionamento interno.

Esperamos que teña unha grata experiencia e unha pronta adaptación á nosa universidade.

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña