HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers)

Como parte do compromiso de atraer o mellor talento investigador, a Universidade da Coruña en agosto de 2016 adheriuse á Carta europea de investigadores e ao Código de Conduta para a contratación de investigadores que establece os dereitos e obrigas dos investigadores e as institucións que os empregan e os financian a aplicar procedementos de contratación transparentes e xustos.

A Universidade presentou a súa solicitude de recoñecemento de Recursos Humanos en Investigación o 15 de novembro de 2016 e obtivo o logo "HR Excellence in Research" o 7 de xuño de 2017.

logo-HR

O logo "HR Excellence in Research" ofrece recoñecemento público ás institucións de Investigación que teñen progresado en aliñar as súas políticas de recursos humanos cos principios definidos na "Carta e o Código” (Charter & Code). As institucións xa recoñecidas teñen o dereito de usar o logo para destacar o seu compromiso a implementar procedementos transparentes de contratación e avaliación de investigadores.