Nancy Vázquez Veiga

Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente

Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente desde 2016.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991 e doutora pola Universidade da Coruña en 1998, institución á que está vinculada desde 1996. Anteriormente impartiu docencia nas universidades de Vigo e Santiago.

A súa liña de investigación fundamental céntrase nos marcadores do discurso, materia sobre a que publicou un libro e numerosos artigos. Tamén é autora de distintas publicacións sobre contacto de linguas e sobre aspectos metodolóxicos da recollida de datos para un corpus de entrevistas sociolingüísticas. Desde o ano 2000 participa en varios proxectos e redes de investigación relacionados co estudo do léxico e das tecnoloxías lingüísticas. É membro do Grupo LYS (Lingua e Sociedade da Información), formado por profesorado e investigadores/as das áreas de Lingüística Xeral e de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Realizou estadías de investigación nas universidades de Georgetown e de California (Irvine). Ten concedidos tres sexenios de investigación.

Foi coordinadora de dous programas de doutoramento interuniversitario (2004-2014), un deles distinguido con Mención de Calidade polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e de dous másteres interuniversitarios (2009-2015). Formou parte da Comisión de Estudos Propios de Posgrao da UDC até 2016. Foi secretaria académica do Centro de Linguas desde o curso 2004-2005 até o 2015-2016.

Equipo

Ángeles Respino Souto

Secretaria

Patricia González Gómez

Adxunta de Titulacións