Cristina López Villar

Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte

Cristina López Villar

Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte

Profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física desde o ano 2009, anteriormente foi profesora na Universidade de Vigo (2003-2009) e na Universidade de Zaragoza (2001-2003). Licenciada en Educación Física pola Universidade da Coruña (1993-98) e doutora en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de Vigo (2005). Posgrado en Promoción e Educación para a Saúde pola Universidade de Lleida (2001) e Máster en Danza Movimiento Terapia pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). Completou a súa formación con estadías de investigación na Universidade Católica de América en Washington (2005), na Universidade Estadual de Campinas (2009), no departamento de Cultural and Social Studies da Universidade de Oslo (2012), no Laboratoire-Cultures-Education-Societés da Universidade de Burdeos (2016) e na L'UFR STAPS da Universidade de Nantes (2018).

A súa actividade investigadora actual céntrase na perspectiva feminista aplicada ás Ciencias do Deporte. Alén da súa colaboración en diferentes proxectos de investigación, que deu lugar á publicación de numerosos artigos, é autora de catro monografías. Participou como relatora en diferentes congresos, xornadas, seminarios e mestrados en diferentes universidades. Realizou asesorías técnicas no Centro Coreográfico Galego (2007, 2008), na Fundación Deporte Galego (2007) e participou como experta no Plan Integral de Actividade Física e Deporte do Consejo Superior de Deportes (2009). Dirixiu cursos de formación para a comunidade universitaria e colaborou na creación de proxectos de actividade física co Servizo de Deportes da UDC e co Plan de Igualdade do Concello de Oleiros.

Equipo

Alberto Rey Albarellos

Secretario

Leticia Eirín García

Adxunta de Cultura