(Vigo, 1967)
Profesor titular de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
Autor de tres monografías e máis de cen artigos sobre materias da súa especialidade, a súa actividade investigadora desenvólvese preferentemente no ámbito do dereito da contratación pública, da organización territorial do Estado, da prevención e loita contra a corrupción e do impacto e control das políticas de austeridade.
Participou como relator en diferentes congresos, xornadas, seminarios e mestrados en diversas universidades.
Realizou estadías de investigación nas universidades de Bochum (1994) e Paris-Pantheon (1995). Foi profesor visitante na UNISC (RS, Brasil, 2015).
Foi vogal da Xunta Electoral de Galicia (1997-2000), deputado no Congreso na VII lexislatura (2000-2004) e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2013.