Achégate á UDC

Destinatarios

O alumnado de 4º ESO, do bacharelato e de ciclos formativos de grao superior.

Obxectivos

Coas actividades que se detallan a continuación pretendemos que o futuro estudante universitario coñeza, da man do noso profesorado e alumnado, os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.

Visita o teu Campus

Nas ligazóns que figuran a continuación atoparan información ao respecto das posibilidades de vistar os centros universitarios nos que se imparten os distintos graos que oferta a UDC.

Dentro do programa de cada campus tamén poden solicitar visitas  aos Centros de Investigación da UDC.

Campus da Coruña
Campus de Ferrol

Período de solicitude: o prazo de solicitude de Visita o teu Campus para o curso 2019/2020 está pendente de programación.

 

A UDC visita o teu Centro

Estaremos encantados de visitarvos no voso centro e achegarvos a información que vos interese, segundo o tipo de charla solicitada.

Período de solicitude: pendente de programación definitiva para as Charlas Xenerircas de fora da cidade da Coruña e a súa contorna.

Deben solicitalas cunha antelación de dúas semanas no enderezo electrónico: sape.difusion@udc.es

Charlas xenéricas

Dirixidas fundamentalmente ao alumnado de 2º de bacharelato e de ciclos formativos de grao superior, aínda que tamén pode asistir o alumnado de 1º interesado.  A temática destas charlas é:

  • ABAU (acceso, admisión, preinscripción, matrícula).
  • EEES Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Bolsas e axudas para alumnado que inicie os estudos universitarios (Ministerio de Educación, Xunta de Galicia e as propias da UDC).
  • Graos da UDC (os que son únicos no SUG, simultaneidade de graos, oferta de graos internacionais e oferta de graos con intinerarios en inglés)

Charlas informativas sobre as titulacións de grao

De interesarvos unha titulación de grado concreta poderíase concertar unha visita cos responsables do centro da UDC onde se imparta a dita titulación. Nesta visita profesorado do dito centro comentará as súas características concretas. 

A súa concesión vai depender da dispoñibilidade de calendario dos centros da UDC.

Charlas de divulgación científica

A UDC ten unha ampla oferta de charlas de divulgación científica coa que, profesorado e investigadores, achegarán ao voso alumnado, de xeito ameno e diferente, a ciencia e a investigación que se desenvolve na nosa universidade. 

Oferta Charlas de Divulgación Científica

Outras accións de divulgación

A continuación indícamoslle outro tipo de accións e eventos de divulgación previstos ou que se están a desenvolver:

#ConversacoaUDC

A Unidade de Divulgación Científica e Radio Coruña Cadena SER presentan o proxecto #ConversacoaUDC, unha iniciativa para divulgar entre o público en xeral as actividades investigadoras da universidade.

En formato de pequenos parladoiros ao redor dun café, diferentes investigadores e investigadoras da Universidade da Coruña darán a coñecer a súa actividade nunha linguaxe non especializada para espertar a curiosidade científica, compartir a súa paixón polo coñecemento e as colaboracións con outros/as científicos/as, expoñendo as actividades realizadas cos fondos que reciben.

 

Para saber máis

 III Xornada: Día da Enxeñaría 

Celebrarase o próximo 17 de xaneiro de 2020 no Campus de Ferrol da UDC. Está orientado a alumnado de Bachalerato, da rama Tecnolóxica, ou de Ciclos Formativos de Grao Superior

Poden ver o:

Pode ampliar esta información na Oficina do Campus Industrial:
Teléfono: 881013621
e-mail: oficina.campusindustrial@udc.es

Para inscribrise

UNIferia 2020: Feira Virtual de Universidades

CRUE Universidades Españolas está poñendo en marcha a segunda feira virtual no comezo do ano 2020 para axudar aos estudiantes que este no próximo curso decidirán su futuro académico y profesional. É unha plataforma que ofrece ao estudantado información sobre a oferta académica, os diferentes sistemas de acceso, bolsas e sobre os pasos necesarios para poder cursar Estudos Superiores en máis de 50 universidades.

Como novidade o próximo ano 2020 habera por vez primeira unha feira específica para másteres e outra para graos. Ademais engadiranse melloras que permitirán unha comunicación máis fluida e proveitosa. A previsión e que se desenvolva durante o mes de febreiro de 2020.

Recursos para Orientadores

Nesta sección resaltarémoslle recursos que a UDC pon ao seu dispor e á dos seus alumnos e alumnas, para axudarles tanto no seu inicio na Universidade como durante todo o resto da súa estadía.

Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI)

o seu cometido principal o de facilitar a plena integración do alumnado, profesorado e PAS que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

Oficina para a Igualdade de Xénero

Esta oficina fornece o soporte técnico preciso para acadar os obxectivos de igualdade. Dispón de recursos para incorporar a perspectiva de xénero, guías de boas prácticas e unha serie de enlaces de interese.

Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

Promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario

Ofrece regularmente cursos de alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros. Os cursos de linguas estraxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos (verán), e a súa duración establécese en función da súa dificultade e nivel do idioma. 


Promove a formación dentro da UDC, así como atende ao desenvolvemento de iniciativas que promovan a innovación dentro do sistema educativo.

Televisión da UDC

Portal da UDC con recursos medioaudiovisuais para coñecer a UDC e a vida universitaria

Canal Youtube da UDC

Pode atopar listas de reproducción  e canles que poden ser de interese

Cursos MOOC da UDC

Oferta e plataforma de cursos masivos abertos en liña (MOOCs)