A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
• Proporciona formación e actualización en temas relacionados coa Literatura, Cultura e Diversidade no ámbito hispánico ou galego e portugués.
• Proporciona os fundamentos para comezar unha actividade investigadora e permite acceder a un programa de doutoramento.
• Posibilita a matrícula a tempo completo ou parcial, así como a validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.
• Ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación: Mestrado en Literatura, cultura e diversidade pola UDC e Laurea magistrale in Lingue e letterature comparate europee ed extraeuropee pola Universidade de Verona (Italia).
Impartirase en horario de tarde, os xoves e venres, na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Semipresencial (240 horas presenciais)
• Profesorado altamente cualificado
• Profesorado convidado de recoñecido prestixio e especialista nas materias
• Seminarios asociados, vinculados a destacados grupos e/ou proxectos de investigación
• Titorización individualizada
Información en www.udc.es/sape/