Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Recoñecementos de materias das licenciaturas nos graos

 

Os estudantes de licenciatura que o desexen poderán incorporarse ao título de grao mediante o proceso de adaptación que a continuación se expón.

 

I. En primeiro lugar, proponse unha adaptación por bloques, cun recoñecemento baseado no número de créditos cursados, dacordo coas seguintes condicións:

  1. O estudante que superase, como mínimo, 60 créditos da licenciatura actual, sempre que estes inclúan as asignaturas troncais e obrigatorias de primeiro, obterá o recoñecemento do primeiro curso completo e do título de grao.
  2. O estudante que superase, como mínimo, 120 créditos da licenciatura actual, sempre que estes inclúan as asignaturas troncais e obrigatorias do primeiro e segundo cursos, obterá o recoñecemento do primeiro e segundo cursos completos do título de grao. Esta adaptación terá vixencia a partir do curso 2010-2011.
  3. O estudante que superase, como mínimo, 180 créditos da licenciatura actual, sempre que estes inclúan as asignaturas troncais de primeiro, segundo e terceiro, obterá o recoñecemento do primeiro, segundo e terceiro cursos completos do título de grao. Esta adaptación terá vixencia a partir do curso 2011-2012.
  4. O estudante poderá tamén solicitar o recoñecemento das materias cursadas na licenciatura polas do novo grao.
  5. Poderase solicitar o recoñecemento académico de créditos optativos (ata 12) pola acreditación de competencias recollidas no título de grao, sempre que as adquiriran nas materias da licenciatura e non as utilizaran para outro recoñecemento.
  6. Todos os recoñecementos deberán solicitarse expresamente e deberán ser informados favorablemente pola Comisión de Organización Académica da Facultade de Filoloxía.

 

II. En segundo lugar, propóñense os seguintes cadros de recoñecemento por materias:

Grao en Español: estudos lingüísticos e literarios: táboa de equivalencias

Grao en Galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios: táboa de equivalencias

Grao en Inglés: estudos lingüísticos e literarios: táboa de equivalencias