Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Licenciaturas (extinguidas)

 

Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, extinguéronse as licenciaturas que se impartían na facultade:

• Licenciatura en Filoloxía Galega

• Licenciatura en Filoloxía Hispánica

• Licenciatura en Filoloxía Inglesa

Estas titulacións extinguéronse de xeito gradual dende o curso 2011-2012, de acordo co seguinte calendario:

• Curso 2011-12: extinguiuse o 1º curso das tres licenciaturas.

• Curso 2012-13: extinguiuse o 2º curso das tres licenciaturas.

• Curso 2013-14: extinguiuse o 3º curso das tres licenciaturas.

• Curso 2014-15: extinguiuse o 4º curso das tres licenciaturas.

 

Incorporación a graos

Se non rematou os seus estudos de licenciatura nunha titulación de Filoloxía e desexa incorporarse a unha titulación de grao, pode solicitar que se lle recoñezan as materias que figuran superadas no seu expediente.

Nas normas e táboas de equivalencias das materias se recollen as correspondencias entre os planos de estudios e como se lle recoñecerán nos graos as materias que xa superou na licenciatura.

 

Se ten algunha dúbida, pode dirixirse á administración do centro.