Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Traballo de Fin de Grao

 

Preguntas frecuentes

 

Matrícula

Teño que me matricular?
Si, como calquera outra materia. Cómpre matricularse tamén de todas as materias necesarias para rematar a titulación.

Algunhas condicións?
Que non che queden máis de 78 créditos, incluídos os do TFG, para acabares os estudos.

Podo matricularme tras a convocatoria do primeiro cuadrimestre?
Si, se despois dos exames de xaneiro cumprires a condición anterior.

Onde fago os trámites?
Na Administración (andar 0). Tamén aí che poderán ampliar información.


Prazos

Cando me matriculo?
a) Nos prazos de matrícula ordinaria.
b) Ou, en ampliación de matrícula, despois do 1.º cuadrimestre.

Cando elixo tema e dirección?
a) Para a matrícula ordinaria publícase a oferta antes do día 30 de setembro e tes até o día 15 de outubro para solicitares a asignación.
b) Para a matrícula no período de ampliación, a oferta publícase en finais de xaneiro e solicítase asignación até o 10 de marzo.

Cando entrego o traballo?
Fixaranse dúas datas límite para a entrega, unha no mes de xuño e outra en xullo.
Para o alumnado que non teña pendente máis que a superación do TFG fíxase unha data despois da avaliación do primeiro cuadrimestre.

Con antelación a esa data:
a) O/A director/a do TFG deberá realizar un informe sobre o traballo a través da Secretaría Virtual do PDI.
b) Unha vez incorporado ese informe ao sistema de xestión, terás de solicitar a inscrición a través da Secretaría Virtual, pór o título do TFG en español, galego e inglés e anexar o TFG como PDF.
c) A seguir, deberás entregar na administración 3 exemplares impresos asinados na cuberta polo/a director/a do traballo e tamén un exemplar en formato electrónico.