Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


XXVI Premio de Creación Literaria e Ensaio
da Facultade de Filoloxía para todo o estudantado da UDC

A Facultade de Filoloxía convoca o XXVI Premio de Creación Literaria e Ensaio dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.

As modalidades de participación son tres:

  • Textos en lingua castelá (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
  • Textos en lingua galega (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
  • Textos en lingua inglesa (poesía, narrativa, ensaio e teatro)

O premio consistirá nun lote de libros, cortesía da Libraría Xiada, un diploma e a publicación conxunta dos textos gañadores e dos accésits.

O xurado estará composto por profesorado da Facultade de Filoloxía e personalidades de recoñecido prestixio cultural.

Para máis información, consúltese o texto completo da convocatoria.

Data límite de recepción dos textos: 30 abril 2019, 14 h.

 

 

Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía

 

Colabora: Libraría Xiada · Avda. Fisterra 78 · 15004 A Coruña · tel. 981 276 950 · libreriaxiada@telefonica.net

Libraría Xiada