Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Laura Vázquez Freijedo, estudante da Facultade de Filoloxía, galardoada no Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño

 

A Oficina de Igualdade de Xénero da UDC fixo pública a resolución do VII Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño.

Na categoría de traballos fin de grao unha das galardoadas é Laura Vázquez Freijedo, estudante de simultaneidade dos graos en Inglés e Español na Facultade de Filoloxía, polo seu TFG Interseccións de identidade: Xénero, raza e clase en 'How the García Girls Lost Their Accents' de Julia Alvarez, dirixido pola profesora Carolina Núñez Puente.