Prácticas externas

As prácticas externas son unha actividade de natureza formativa que ten por obxectivo permitir ao estudantado aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica. As prácticas deben favorecer a adquisición de competencias que preparen ao estudantado para o exercicio de actividades profesionais e, asemade, favorecer a súa empregabilidade, sempre baixo a supervisión da Universidade.

Que vantaxes teñen as prácticas para a entidade colaboradora?

As prácticas ofrecen ás empresas e institucións colaboradoras a oportinidade de colaboraren no proceso de formación dos/as futuros/as profesionais e, alén disto, facilitar a inserción do estudantado no mercado de traballo. As prácticas permiten que o/a futuro/a profesional estea preparado/a e posúa mellores ferramentas para desenvolver as súas funcións no ámbito empresarial en que se insire.

Que vantaxes teñen as prácticas para o estudantado?

O estudantado pode completar a súa formación teórica con habilidades e competencias dirixidas a un mellor desenvolvemento da súa futura actividade, alén de adquirir unha experiencia que facilitará o seu acceso ao mercado do traballo.

Requisitos

Para poder realizar prácticas externas é necesario formalizar un convenio de cooperación educativa entre a UDC e a entidade colaboradora no que se regulen as condicións en que se desenvolverán as prácticas. O seguimento das prácticas levarase a cabo por unha persoa titora da universidade e mais por unha persoa titora profesional designada pola entidade colaboradora.

Clases de prácticas externas

- Prácticas externas curriculares

Pode realizalas o estudantado da UDC que curse un título en que se inclúa como materia académica de prácticas.

No caso de ser remuneradas a entidade colaboradora ten a obriga de dar de alta na Seguridade Social e a cotizar, se ben a disposición adicional vixésimo quinta do real decreto lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia (BOE do 5 de xullo), establece que as prácticas curriculares terán unha bonificación do 100% na cota da Seguridade Social a partir do 1 de agosto de 2014. 

- Prácticas externas extracurriculares

Pode realizalas todo o estudantado da UDC que superaran o 50% de créditos para títulos de grao (incluíndo toda a formación básica) e o 25% para mestrados. Estas prácticas teñen carácter voluntario durante o período de formación aínda que non estean incluídas nos plans de estudo. O estudantado pode solicitar a súa inclusión no Suplemento Europeo do Título.

No caso de ser remuneradas a entidade colaboradora ten a obriga de dar de alta e cotizar á Seguridade Social (sen bonificación).

Marco xurídico 

Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Estatuto do Estudante Universitario aprobado polo Real decreto 1971/2010, do 30 de decembro.

Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime Xereal da Seguridade Social das persoas que particpen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011 do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

Real decreto-lei 8/2014 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. Disposición adicional vixésimo quinta.

Real decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios

Regulamento de prácticas académicas externas da UDC

Modelos de convenios de prácticas externas en España

Modelo de convenio de prácticas externas (versión en galego - español - bilingüe galego español )

Oferta de prácticas académicas en unidades da UDC

Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2017-2018

Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2018-2019

Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2019/2020

Formularios

Proxecto formativo (versión en galego - español - inglés)

Memoria final do estudante (versión en galegoespañol)

Informe do/a titor/a profesional (versión en galego - español - inglés)

Informe do/a titor/a académico/a (versión en galego - español)