Obradoiros dispoñibles

PROGRAMA MELLORA DA EMPREGABILIDADE (PMEC) NOS CENTROS DA UDC 2018/2019

triple logo

A asistencia aos tres módulos formativos cunha duración de 10 hs., dará a posibilidade ao alumnado de solicitar 1 crédito ECTS.

Este programa constará de tres módulos formativos:

 

MÓDULO 1
SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA

       Duración: 3 h


Ten como obxetivo difundir como se xeran as ideas empresariais e poder romper os mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando que calquera persoa con gañas e esforzo, pode convertir a súa idea nun proxecto empresarial. O contido formativo versará sobre a explicación da figura do emprendedor/a, a idea de negocio e a posta en marcha. Este formación teórica complementarase cunha dinámica sobre a metodoloxía de xeración de modelos de negocio – Canvas.


MÓDULO 2

SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL

       PROBAS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS E RECURSOS PARA A BUSCA DE EMPREGO E PRÁCTICAS

       Duración: 3 h


Obxectivo xeral: desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas na avaliación das persoas candidatas ás ofertas de emprego ou de prácticas.

Os obxectivos específicos deste módulo son:

  • Aprender a elaborar o CV adaptándoo a cada oferta de prácticas ou emprego, saber seleccionar e potenciar os datos máis salientables e a elixir formatos e soportes máis adecuados segundo a empresa e posto.
  • Familiarizarse coa proba da entrevista e os seus tipos, coñecer as preguntas habituais e aquelas máis novidosas así como saber as competencias que avalía.
  • Introducirse na proba da dinámica de grupos
  • Coñecer os recursos básicos para a procura de prácticas e emprego (portais de emprego e prácticas xeralistas e específicos, metabuscadores, consultoras de RRHH, directorios de empresas, a Rede EURES, programas de prácticas para estudantes e persoas recentemente egresadas, a autocandidatura espontánea, os contactos e as redes sociais profesionais, etc.).
  • Reflexionar sobre a estratexia dixital para preparar a candidatura.

 

                                                                                                                                                                                  

 
MÓDULO 3
EXPERIENCIAS E CASOS PRÁCTICOS DE INSERCIÓN LABORAL

       Duración: 4 h


Participan profesionais de departamentos de empresas relacionados coa selección de persoal e desenvolverán temas relacionados con este área:

  • Que procesos de selección aplican
  • Que competencias avalían
  • Recomendacións sobre como preparar a candidatura a unha oferta de emprego ou de prácticas real
  • Forma habitual para contactar,...

Igualmente, colaborarán persoas emprendedoras que explicarán polo miúdo:

  • Como xurdíu o proxecto
  • Dificultades atopadas no proceso de creación da empresa
  • A posta en marcha e presentación da empresa

Profesionais que contan cunha gran bagaxe profesional que poderán aproveitar as persoas asistentes cara á súa inserción no mercado laboral.

 

SEMINARIOS DISPOÑIBLES (MÓDULO 3)                                                                                                                                                                                                

  • CAMPUS DE ELVIÑA, FACULTADE DE SOCIOLOXÍA E CC DA COMUNICACIÓN, día 09/05/2019, de 10:00 a 14:00 h, Salón de Graos

 

 

SEMINARIOS REALIZADOS 

       

       MÓDULO 3

  • "Experiencias e casos prácticos de inserción laboral " CAMPUS DE FERROL: FACULTADE DE CIENCIAS DO TRABALLO, día 30/04/2019, de 10:00 a 14:00 h, Aula Magna

 

 

MÓDULO 2

  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" EPS -Escola Politécnica Superior, Campus de Ferrol- (dentro do contexto das IX Xornadas Estatais de Enxeñaría Industrial, realizadas o día 23/02/2019). Sesión: Elaboración do CV (de 10:00 a 11:30 horas), Aula de Informática. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" EPS (dentro do contexto das IX Xornadas Estatais de Enxeñaría Industrial, día 23/02/2019. Sesión: Entrevista de Selección (de 16:00 a 18:00 horas). Aula 14. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" EUP (Escola Universitaria Politécnica), Campus de Ferrol, día 27/02/2019, de 10:00 a 13:00 h, Aula 16. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE SOCIOLOXÍA, Campus de Elviña, día 6/03/2019, 18:00 a 21:00 h, Salón de Graos. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE CC SAÚDE (TERAPIA OCUPACIONAL), Campus de Oza, día 11/03/2019, de 16: 30 a 19:30 h, Aula 2º-4º. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura), 20/03/2019, 12:00 A 15:00 h, Salón de Actos. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" ETSECCP (Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos), 28/03/2019, 12:00 a 15:00 h, Salón de Graos 2. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA (FEE), día 4/04/2019, de 17:00 a 20:00 h, Salón de Graos. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE CIENCIAS, Campus da Zapateira, día 8/04/2019, de 16:30 a 19:30 h, Aula 8. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE CIENCIAS DO TRABALLO, Campus de Ferrol, día 24/04/2019, de 10:00 A 14:00 h, na Aula Magna. Relatora: Pilar Feal
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE FISIOTERAPIA, día 24/04/2019, de 17:30 a 20:30 h, Aula 3. 
  • Seminario "Procesos de selección nas empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas" FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA, día 7/05/2019, de 17:00 a 20:00 h, Aula Magna. 

 

 

MÓDULO 1

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE CIENCIAS (Campus A Zapateira - A Coruña). Salón de Actos 22/11/2018. Horario 11:00h a 14:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE FILOLOXÍA (Campus A Zapateira - A Coruña). Salón de Graos 21/11/2018. Horario 9:00h a 12:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR- (Campus de Esteiro - Ferrol). Aula 03 5/11/2018. Horario 11:00h a 14:00h

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. E.T.S. ENX. CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS (Campus de Elviña- A Coruña). Salón de Graos I 15/11/2018. Horario 12:35h a 15:35h

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. E.T.S ARQUITECTURA (Campus A Zapateira - A Coruña). Salón de Actos. 24/10/2018 . Horario 11:00h a 14:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE SOCIOLOXÍA (Campus Elviña-A Coruña). Salón de Graos 12/11/2018. Horario 10:00h a 13:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN (Campus de Elviña- A Coruña). Aula 4 16/11/2018. Horario 12:00h a 15:00h.