Xornada de Benvida a Estudantes de Doutoramento

VI Xornada de Benvida a Estudantes de Doutoramento (2018)

A Escola Internacional de Doutoramento en colaboración co CUFIE organiza a VI Xornada de Benvida a Estudantes de Doutoramento, dirixida ao alumnado matriculado nun programa de doutoramento da UDC por vez primeira ou en anos anteriores.

O obxectivo desta xornada que se celebrará o martes 6 de novembro de 2018 ás 11:00 horas no paraninfo da Reitoría da UDC é informar e resolver dúbidas sobre os principais aspectos de organización, nomativa e estrutura dos estudos de doutoramento, indicar as principais axudas para a formacion predoutoral e postdoutoral e orientar sobre a carreira académica do/a investigador/a.

Esta xornada ten o recoñecemento de actividade formativa de 3 horas de duración, de modo que o alumnado poderá incluíla no seu Documento de Actividades.

Para obter o certificado de asistencia, é preciso inscribirse previamente a través do seguinte formulario de preinscrición (prazo de inscrición ata o 5 de novembro de 2018 ás 23:59 horas).

Programa VI Xornada de Benvida a Estudantes de Doutoramento

Presentacións: