Ciclo de Xornadas da Escola Internacional de Doutoramento da UDC

CICLO DE XORNADAS 2018/2019: Xornadas de orientación académica e profesional

A Escola Internacional de Doutoramento da UDC, en colaboración co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) presenta un ciclo de xornadas que se inscriben dentro do programa de orientación a alumado de doutoramento da Universidade da Coruña e que terán consideración de actividade de formación transversal. Este ciclo constará de varias xornadas agrupadas por bloques temáticos.

I Xornada do ciclo

A xornada de formación inclúe as seguintes sesións: 

  • 10:00. "Visibilidade da produción científica".
    Relatora: Pilar Combarro Felpeto. Servizo da Biblioteca Universitaria.

  • 11:30. "Protección de resultados de investigación".
    Relatora: María Isabel Docampo Ramos. OTRI. Protección de resultados de investigación.

Data e hora de realización: luns 11 de marzo de 2019 de 10:00 a 13:00 horas

Lugar de realización: Salón de Graos - Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña)

Duración da xornada: 3 horas

Destinatarios: Alumnado matriculado nun programa de doutoramento impartido na UDC

 

II Xornada do ciclo

A xornada de formación inclúe as seguintes sesións: 


Data e hora de realización:
mércores 3 de abril de 2019 de 10:00h a 13:00h

Lugar de realización: Aula da EID-UDC, Pavillón de Estudantes, andar -1  (Campus de Elviña)

Duración da xornada: 3 horas

Destinatarios: Alumnado matriculado nun programa de doutoramento impartido na UDC

 

III Xornada do ciclo

A xornada de formación inclúe as seguintes sesións: 

Data e hora de realización: martes 28 de maio de 2019 de 10:00h a 13:00h

Lugar de realización: Aula da EID-UDC, Pavillón de Estudantes, andar -1  (Campus de Elviña)

Duración da xornada: 3 horas

Destinatarios: Alumnado matriculado nun programa de doutoramento impartido na UDC

 

CICLO DE XORNADAS 2017/2018: O título de doutor a análise: carreira profesional e investigadora

A Escola Internacional de Doutoramento da UDC, en colaboración co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) ven de comenzar un ciclo de xornadas que se inscriben dentro do programa de orientación a alumado de doutoramento da Universidade da Coruña e que terán consideración de actividade de formación transversal. Este ciclo constará de varias xornadas agrupadas por bloques temáticos.

I Xornada do ciclo

A xornada de formación inclúe as seguintes sesións: 

  • 10:30. "A ciencia na empresa". Relatora: Carme Pampín Casal cofundadora e conselleira delegada de GalChimia e presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida - BIOGA.

  • 11:30. "Doutores da UDC no estranxeiro". Relatores: Jorge González Domínguez, investigador postdoctoural no Parallel and Distributed Architectures Group na Universidade Johannes Gutenberg (Mainz, Alemaña) deste outubro de 2013 ata outubro de 2015, e Diego Darriba López, investigador postdoutoral no Scientific Computing Group no Heidelberg Institute for Theoretical Studies (Heilderberg, Alemaña) desde abril de 2016 ata outubro de 2017.

  • 12:30. "Wakeupcall: un doctorado industrial europeo". Relator: Carlos Vázquez Cendón, participante da proposta "Wakeupcall" seleccionada na modalidade European Industrial Doctorates do programa Marie Sklodowska-Curie de H2020.

Data e hora de realización: xoves 5 de abril de 2018 de 10:30h a 13:30h

Lugar de realización: Aula 14 - Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira)

Duración da xornada: 3 horas

 

II XORNADA DO CICLO

A xornada de formación inclúe as seguintes sesións: 

  • 10:00. "Da tese á empresa propia. Experiencias dunha spin-off". Relator: Lorenzo Montserrat, CEO de Health[in]Code. Esta é unha spin-off xurdida a partir da investigación desenvolvida conxuntamente entre o Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e o Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela, e está especializada no diagnóstico xenético molecular de cardiopatías e na interpretación dos resultados xenéticos.
     
  • 11:00. "Iniciativas de emprego de base tecnolóxica". Relator: José Ángel Felpeto, da unidade de Emprego da UDC. Unha Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) é unha cualificación específica que concede a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a proxectos empresariais que cumpren uns determinados requisitos e que se consideran como de especial interese debido a que poden constituírse en "motores dinamizadores da sociedade do coñecemento e a xeración de emprego cualificado", segundo a propia Consellería.
     
  • 12:00. "Programas de axudas institucionais para a creación de empresas". Relator: Juan José Lirón, subdirector xeral de Emprego da Xunta de Galicia.


Data e hora de realización:
xoves 3 de maio de 2018 de 10:00h a 13:00h

Lugar de realización: Salón de actos - Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira)

Duración da xornada: 3 horas

Destinatarios: Alumnado matriculado nun programa de doutoramento impartido na UDC

Inscrición: Na seguinte ligazón (formulario de preinscrición), ata o 2 de maio ás 14:00h

* Aquelas persoas que asistisen ás tres horas, recibirán por correo electrónico unha certificación.