Procedemento de solicitude de admisión de alumnado cun título estranxeiro non homologado alleo ao EEES

O alumnado que pretenda acceder a un programa de doutoramento e que estean en posesión dun título estranxeiro non homologado conforme a sistemas educativos alleos ao EEES, poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acrediten un nivel de formación equivalente a do título español de mestrado universitario oficial e que faculte no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.

A solicitude de admisión realizarase a través da secretaría virtual do estudante. Xunto coa solicitude de admisión, debe presentarse unha “solicitude de equivalencia”  na Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) do centro ao que estea adscrito o programa de doutoramento. O alumnado poderá matricularse sen esperar a resolución de equivalencia pero a súa matrícula quedará condicionada a que esta resolución sexa favorable.

A solicitude de equivalencia aos correspondentes títulos españois, deberá dirixirse ao reitor da universidade e presentarase na UADI do centro ao que está adscrito o programa de doutoramento. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) emitirá un informe sobre a adecuación académica dos estudos cursados e  informará sobre a posibilidade de acceso aos estudos de doutoramento correspondentes tras considerar se acredita un nivel de formación equivalente ao mestrado universitario. Este informe remitirase á Oficina de Doutoramento xunto coa documentación presentada polo/a interesado/a.

Para os efectos de procedemento, a solicitude dirixida ao reitor deberá ir acompañada da documentación que se relaciona máis abaixo. Esta documentación deberá presentarse debidamente legalizada, ou coa Apostila da Haia. No caso de presentar os orixinais, a universidade quedará con copias cotexadas; as fotocopias deben de vir autentificadas polos servizos consulares ou embaixadas españolas. Os documentos en idiomas diferentes ao español, galego, francés, portugués, italiano ou inglés deberán compañarse dunha tradución realizada por un tradutor xurado español ou autorizado no país de orixe polo consulado español.

Documentación que se debe de achegar coa solicitude de equivalencia:

a) DNI ou pasaporte en vigor
b) Título/s académicos co/s que se accede ao doutoramento
c) Certificado académico no que consten as materias superadas, a carga horaria de cada unha delas e os períodos académicos cursados. Se o certificado expresa a carga horaria das materias en créditos, debe de acompañarse dun  documentos que indique a equivalencia entre créditos e horas lectivas (teóricas ou prácticas).
d) Documento que acredite que o(s) título(s) académicos presentados facultan o acceso aos estudos de doutoramentono país de orixe.
e) Ter realizado o pagamento da taxa de solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros.