plan de investigación e documento de actividades do/a doutorando/a

  1. O título proposto inicialmente no Plan de Investigación é o título definitivo da tese?
  2. Como se debe proceder para cambiar a dirección dunha tese?
  3. En que consiste o Documento de Actividades do/a doutorando/a?

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1. O título proposto inicialmente no Plan de Investigación é o título definitivo da tese?

Non. Debe reflectir o ámbito temático da tese, pero poderá modificarse durante o desenvolvemento da tese sempre que respecte o citado ámbito temático.

2. Como se debe proceder para cambiar a dirección dunha tese?

O/a interesado/a debe solicitar ao órgano académico responsable do programa de doutoramento o cambio na dirección do seu proxecto de tese. A solicitude acompañarase dun documento no que o/a director/a (ou directores/as) renuncia/n á dirección de tese e o/a novo/a director/a (ou directores/as) da tese e o/a doutorando/a asine/n a súa conformidade.

Unha vez aprobado polo órgano académico responsable do programa, este debe comunicar á Escola Internacional de Doutoramento os cambios na dirección do proxecto de tese, acompañando o acordo e o citado documento de conformidade.

Para todos os programas de doutoramento impartidos na UDC (tanto os regulados polo RD 99/2011 como os regulados por ordenacións anteriores), os novos directores/as de tese deben cumprir algún dos requisitos para ser director/a de tese establecidos no artigo 10 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, ou ser codirector segundo a Disposición transitoria terceira do mencionado regulamento.

3. En que consiste o Documento de Actividades do/a doutorando/a?

Consiste no rexistro individualizado das actividades de formación realizadas polo/a estudante, que será regularmente revisado polo/a titor/a e o/a director/a da tese e avaliado anualmente pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento.