Mención internacional do título de doutor/a

  1. A estadía de tres meses requirida para a mención internacional no título de doutor/a ten que ser continuada e nun mesmo centro de investigación estranxeiro?
  2. As estadías en centros de investigación estranxeiros realizadas sen estar matriculado/a nos estudos de doutoramento son válidos para conseguir a mención internacional do título de doutor/a?
  3. Para obter a mención internacional no título de Doutor, as dúas persoas expertas que deben informar a tese e a/s persoa/s responsable/s das estadías que se acredita/n pode/n pertencer ao tribunal avaliador da tese?
  4. Como podo validar o título de Doutor/a?

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1. A estadía de tres meses requirida para a mención internacional no título de doutor/a ten que ser continuada e nun mesmo centro de investigación estranxeiro?

Non é necesario. Pódense facer os tres meses repartidos en estancias en distintos centros de investigación estranxeiros e sen continuidade temporal.

2. As estadías en centros de investigación estranxeiros realizadas sen estar matriculado/a nos estudos de doutoramento son válidas para conseguir a mención internacional no título de doutor/a?

Non son válidas. Para que computen para a mención internacional deben ser realizadas mentres o/a doutorando/a estea matriculado/a no programa de doutoramento.

3. Para obter a mención internacional no título de Doutor, as dúas persoas expertas que deben informar a tese  e a/s persoa/s responsable/s das estadías que se acreditan poden pertencer ao tribunal avaliador da tese?

(Artigos 36 e 40 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC)

Segundo o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, non existe restrición algunha para que as persoas expertas que informen a tese e a/as persoa/s responsable/s das estadías formen parte do tribunal da tese, sempre e cando sí exista na composición do tribunal avaliador al menos un/unha experto/a co título de doutor/a dunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio non españois, distinto da/s persoa/s responsable/s da estadía e das dúas personas expertas que infomen a tese de doutoramento

4. Como podo validar o título de Doutor/a?

A declaración de equivalencia dos títulos estranxeiros de educación superior a nivel académico de Doutor correspondelles as universidades (Real decreto 967/2014, de 21 de noviembre). O procedemento que regula esta declaración está descrito na Resolución reitoral do 7 de outubro de 2015 .