Matricula

  1. Que dereitos outorga ao estudante a matrícula nun programa de doutoramento?
  2. Cando se realiza a matrícula nun programa de doutoramento?
  3. Onde se realiza a matrícula nun programa de doutoramento?
  4. Para ter a condición de estudante de doutoramento da UDC, é obrigatorio estar matriculado nos estudos de doutoramento?
  5. Que requisitos debo cumprir para pasarme a un programa verificado polo RD 99/2011 desde un programa regulado por normativas anteriores a este Real Decreto?

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1. Que dereitos outorga ao estudante a matrícula nun programa de doutoramento?

De acordo co Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC , a matrícula de tutela académica outorga ao/á doutorando/a o dereito á titoría académica, á utilización dos recursos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo e á plenitude de dereitos previstos pola normativa para o estudantado de doutoramento.

No caso de que un/unha doutorando/a non realice a matrícula anual nun curso académico, causará baixa definitiva no programa, salvo nos casos previstos por baixa temporal no programa.

2. Cando se realiza a matrícula nun programa de doutoramento?

Na UDC, hai dous prazos ordinarios de admisión e matrícula en estudos de doutoramento (un prazo por cuadrimestre), recollidos no Calendario de Estudos de Doutoramento . O segundo prazo ordinario abrirase cada curso académico para cada programa de doutoramento por solicitude da súa CAPD e só no caso de que queden prazas vacantes unha vez finalizado o primeiro prazo ordinario de matrícula.

3. Onde se realiza a matrícula nun programa de doutoramento?

Unha vez admitido no programa de doutoramento, o/a estudante formalizará a súa matrícula en concepto de tutela académica por medio da web da UDC (www.udc.es) a través da Secretaría Virtual do Estudantado. De optaren por realizar a súa matrícula de forma presencial na Oficina de Doutoramento , deberán aboar a taxa correspondente por esa xestión.

4. Para ter a condición de estudante de doutoramento da UDC, é obrigatorio estar matriculado nos estudos de doutoramento?

Segundo o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC , no caso de que un/unha doutorando/a non realice a matrícula anual nun curso académico, causará baixa definitiva no programa, salvo nos casos previstos por baixa temporal no programa.

Por outra parte, segundo o Acordo sobre a obrigatoriedade da matrícula de doutoramento da Comisión de Doutoramento da UDC, reunida o 15 de outubro de 2012:

a. Todos os estudantes de doutoramento da UDC, incluídos os de programas de doutoramento regulados por normativas anteriores ao RD 99/2011, deberán matricularse con continuidade, desde a primeira matrícula nos estudos de doutoramento, cada curso académico e ata a defensa da tese.

b. Os/as estudantes que non se teñan matriculado nalgún curso académico, salvo os casos previstos no Artigo 27. Baixa temporal nun Programa de Doutoramento do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, deberán formalizar todas as matrículas pendentes dende o curso académico 2012-2013 inclusive, segundo a normativa de matrícula da UDC.

5. Que requisitos debo cumprir para pasarme a un programa verificado polo RD 99/2011 desde un programa regulado por normativas anteriores a este Real Decreto?

Os/as doutorandos/as que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias, poderán acceder ás ensinanzas de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral neste regulamento para acceso a estudos de doutoramento.