Información xeral sobre os estudos de doutoramento

  1. Cal é o actual marco normativo dos estudos de doutoramento?
  2. En que situación están os programas de doutoramento regulados por ordenacións anteriores ao Real Decreto 99/20111?
  3. En que consisten os actuais estudos de doutoramento?
  4. Que pasos se deben seguir para ser estudante de doutoramento?
  5. Cal é a duración máxima dos estudos de doutoramento para os estudantes que se matriculen en programas verificados polo RD 99/2011?
  6. Cal é a duración mínima dos estudos de doutoramento para os estudantes que se matriculen en programas verificados polo RD 99/2011?

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1. Cal é o actual marco normativo dos estudos de doutoramento?

O actual marco normativo dos estudos de doutoramento é o Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, e o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC

2. En que situación están os programas de doutoramento regulados por ordenacións anteriores ao Real Decreto 99/20111?

Estes programas, regulados polos: RD 185/1985, RD 778/1998 e RD 1393/2007, están extinguidos.

3. En que consisten os actuais estudos de doutoramento?

Os actuais estudos de doutoramento, regulados polo Real Decreto 99/2011, están organizados en programas de doutoramento xestionados cada un por unha Comisión Académica (CAPD). Cada programa desenvolve un conxunto de actividades conducentes á adquisición de competencias e habilidades necesarias para a elaboración e a defensa dunha tese de doutoramento que incorpore resultados orixinais de investigación para a obtención do título de doutor/a.

4. Que pasos se deben seguir para ser estudante de doutoramento?

Débense seguir os seguintes pasos:
a. Cumprir con algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramento.

b. Consultar a oferta de programas de doutoramento da UDC.

c. Solicitar a admisión nun programa de doutoramento nos prazos establecidos pola UDC.

d. Unha vez admitido no programa, realizar a matrícula a través da Secretaría Virtual do Estudante ou na Oficina de Doutoramento (Sección de Estudos de Doutoramento).

e. Tras formalizar a matrícula, e no prazo máis breve posible, deberá asinar o Compromiso Documental de Supervisión, que especifica a relación académica entre o/a estudante e a universidade.

f. Nun prazo máximo de tres meses tras a matrícula, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) deberá asignarlle un/unha director/a de tese.

g. Nun prazo máximo de seis meses tras a matrícula, de acordo co director/a, o estudante deberá presentar o Plan de Investigación para a súa aprobación pola CAPD.

h. Anualmente, a CAPD valorará o desenvolvemento do Plan de Investigación e as actividades formativas realizadas polo/a estudante, recollidas no Documento de Actividades do/a Doutorando/a.

5. Cal é a duración máxima dos estudos de doutoramento para os estudantes que se matriculen en programas verificados polo RD 99/2011?

(Artigo 24 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC)

A duración dos estudos de doutoramento  a tempo completo e a tiempo parcial será, respectivamente, dun máximo de tres e cinco anos.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento poderá autorizar unha prórroga dun ano nos estudos a tempo completo y de dous anos nos estudos a tempo parcial.

Ademais, de forma excepcional, podería ampliarse este prazo en ambos os dous casos noutro ano adicional.

En calquera caso, a duración dos estudos de doutoramento contarase desde a primera matrícula do/a doutorando/a ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.

6. Cal é a duración mínima dos estudos de doutoramento para os estudantes que se matriculen en programas verificados polo RD 99/2011? 

(Artigo 24 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC)

A duración mínima dos estudos de doutoramento será, a tempo completo e a tempo parcial, de 18 meses, contados desde a data de admisión no programa de doutoramento ata a presentación da solicitude de depósito da tese de doutoramento.

No caso de estudantes procedentes de estudos de doutoramento regulados por normativas anteriores ao RD 99/2011  ou traslados de expedientes doutras universidades, computará, a efectos de duración mínima o período de tutela académica previo á matricula na UDC no programa de doutoramento verificado polo RD 99/2011, sempre que o cambio de programa ou traslado de expediente non se acompañe de cambio no proxecto de tese ou plan de investigación.