Compromiso documental de supervisión

1. ¿Qué e o Compromiso Documental de Supervisión e como se formaliza?

O Compromiso Documental de Supervisión é un documento que, no proceso de matricula nos estudos de doutoramento, validan o/a doutorando/a, o/a tutor/a, o/a director/a da tese e o/a coordinador/a do programa de doutoramento.

Este documento especifica a relación académica entre os/as doutorandos/as e a universidade, os seus dereitos e deberes, incluidos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/o industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración, os deberes dos/as titores/as e dos/as directores/as de tese e as condicións nas que se publicará a tese de doutoramento.