Admisión en programas de doutoramento

  1. Onde se solicita a admisión a un programa de doutoramento?
  2. Que documentación se precisa para ser admitido nun programa de doutoramento e onde se entrega?
  3.  No caso de solicitudes de persoas con títulos académicos estranxeiros non homologados de sistemas educativos alleos ao EEES, que documentación se precisa para solicitar a admisión nun programa de doutoramento e onde se entrega?
  4. No caso de realizar fóra de España os estudos universitarios que dan acceso ao doutoramento, como se legaliza a documentación?
  5. Que criterios se seguen para a admisión dun estudante nun programa de doutoramento?
  6. Cal é o prazo de resolución da admisión a un programa de doutoramento? Onde se poden consultar os resultados do proceso de admisión?
  7. Que son os complementos de formación específicos?
  8. De canto tempo dispoño para realizar os complementos de formación específicos?

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 1. Onde ser solicita a admisión nun programa de doutoramento?.

A admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do Estudantado.

 2. Que documentación se precisa para ser admitido nun programa de doutoramento e onde se entrega?

Deberase achegar á Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) que xestiona o programa de doutoramento  a seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou pasaporte.
  • Copia cotexada dos títulos universitarios oficiais que dean acceso os estudos de doutoramento.
  • Certificación académica oficial dos estudos cursados.
  • Se é o caso, certificación do órgano competente de ter obtida a avaliación positiva de formación sanitaria especializada, polo menos de dous anos nun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidade en ciencias da saúde.
  • Se é o caso, documentación específica adicional requirida polo programa de doutoramento.
3. No caso de solicitudes de persoas con títulos académicos estranxeiros non homologados de sistemas educativos alleos ao EEES, que documentación se precisa para solicitar a admisión nun programa de doutoramento e onde se entrega?

No caso de alumnado que pretenda acceder a un programa de doutoramento e que estean en posesión dun título estranxeiro non homologado conforme a sistemas educativos alleos ao EEES, poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente a do título español de mestrado universitario oficial e que faculte no país expedidor do título para para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.

A solicitude de admisión realizarase a través da secretaría virtual do estudante, e deben presentar xunto coa solicitude de admisión unha “solicitude de equivalencia” na Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) do centro ao que estea adscrito o programa de doutoramento. O alumnado poderá matricularse sen esperar a resolución de equivalencia pero a súa matrícula quedará condicionada a que esta sexa favorable.

A solicitude de equivalencia aos correspondentes títulos españois, deberá dirixirse ao reitor da universidade e presentarase na UADI do centro ao que está adscrito o programa de doutoramento. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento emitirá un informe sobre a adecuación académica dos estudos cursados e tras considerar se acredita un nivel de formación equivalente ao de mestrado universitario informará sobre a posibilidade de acceso aos estudos de doutoramento correspondentes. Este informe remitirase á Sección de Estudos de Doutoramento xunto coa documentación presentada polo/a interesado/a.

Para os efectos de procedemento, a solicitude dirixida ao reitor deberá ir acompañada da documentación que se relaciona que deberá presentarse debidamente legalizada, ou coa Apostila da Haia. No caso de presentar os orixinais, a universidade quedará con copias cotexadas; para o caso de entrega de fotocopias sen ensinar os orixinais, estás deben de vir autentificadas polos servizos consulares ou embaixadas españolas e no caso de non ser o idioma de orixe calquera dos oficiais da UDC, deberase acompañar tamén unha tradución legalizada.

Documentación que se debe de achegar coa solicitude de equivalencia:

a) DNI ou Pasaporte en vigor.

b) Título/s co/s que se accede ao doutoramento.

c) Certificado académico en que consten as materias superadas, a carga horaria de cada unha delas e os períodos académicos cursados. Se o certificado expresa a carga horaria das materias en créditos, debe de acompañarse da equivalencia dese créditos a horas lectivas teóricas ou prácticas.

d) Documento que acredite que o(s) seu(s) título(s) facultan no país expedidor o acceso aos estudos de doutoramento.

e) Ter realizado o pagamento da taxa de solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros.

 4. No caso de realizar fóra de España os estudos universitarios que dan acceso ao doutoramento, como se legaliza a documentación?

Os requisitos e trámites para a legalización de documentación expedida no estranxeiro descritos a continuación están descritos na web do Ministerio de Educación e Cultura.

Requisitos dos documentos

Os documentos expedidos no estranxeiro deberán axustarse aos requisitos seguintes:

a) Deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes para isto, de acordo co ordenamento xurídico   do país de que se trate.

b) Deberán presentarse legalizados por vía diplomática ou, no seu caso, mediante a apostila do Convenio de A Haia. A efectos do disposto sobre aportación de copias compulsadas, a legalización ou apostila deberán figurar sobre o documento orixinal, antes da realización da copia que se vaia a compulsar. Este requisito non se esixirá aos documentos expedidos polas autoridades dos Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

c) Deberán ir acompañados, no seu caso, da súa correspondente tradución oficial ao castelán. En principio, non será necesario aportar tradución oficial do exemplar da tese de doutoramento que debe aportarse coas solicitudes de homologación ao título de Doutor/a, nin dos documentos complementarios a que se refire o número cuarto desta Orde, sempre que isto non impida a súa adecuada valoración.

Sobre a legalización dos documentos expedidos no estranxeiro

Non se esixe ningún tipo de legalización para os documentos expedidos en Estados membros da Unión Europea o signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Liechtenstein, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia. Tamén Suíza, por acordo bilateral coa UE.

Nos demais casos, os documentos expedidos no estranxeiro que queiran facerse valer nestes procedementos deberán estar debidamente legalizados conforme ás seguintes condicións:

  • Documentos expedidos en países que teñen subscrito o Convenio da Haia. É suficiente coa legalización única ou "apostila" estendida polas Autoridades competentes do país.

  • Documentos expedidos en países que teñen subscrito o Convenio Andrés Bello (Art. 2º. Apdo. 6. Resolución 006/98, aprobada pola XIX Reunión de Ministros de Educación do Convenio Andrés Bello). Deberán ser legalizados por vía diplomática. (Cando o país sexa tamén asinante do Convenio da Haia, poderase utilizar o procedemento establecido por este, máis sinxelo). Deberán presentarse en:

- Ministerio de Educación do país de orixe para títulos e certificados de estudos e no Ministerio correspondente para certificados de nacemento e nacionalidade.
- Ministerio de Asuntos Exteriores do país onde se expediron ditos documentos.
- Representación diplomática ou consular de España en dito país. Bolivia, Colombia, Cuba, Chile, Ecuador, España, Panamá, Paraguai, Perú e Venezuela.

  • Documentos expedidos no resto dos países: deberán legalizarse por vía diplomática. Para elo, deberán ser presentados en:

- Ministerio de Educación do país de orixe para títulos e certificados de estudos e no Ministerio correspondente para certificados de nacemento e nacionalidade.
- Ministerio de Asuntos Exteriores do país onde se expediron ditos documentos.
- Representación diplomática ou consular de España en dito país.

Os documentos expedidos por Autoridades diplomáticas ou consulares doutros países en España deben legalizarse no Ministerio Español de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

 5. Que criterios se seguen para a admisión de estudantes nun programa de doutoramento?

A Comisión Académica de cada programa de doutoramento aplicará os criterios de admisión incluídos na memoria verificada do programa. Ademais, poderá establecer requisitos e criterios adicionais para a selección e admisión de estudantes ao seu programa, que deberán ser debidamente publicados para coñecemento dos/as estudantes, titores e directores/as de tese do programa.

 6. Cal é o prazo de resolución da admisión nun programa de doutoramento? Onde se poden consultar os resultados do proceso de admisión?

O prazo de resolución da admisión e da reclamación á listaxe provisoria de admitidos é o establecido no Calendario de Admisión e Matrícula. Os resultados do proceso de admisión (listaxes de admisión provisional e definitiva) poderanse consultar no taboleiro do centro destinado para este fin  e a través da Secretaría Virtual do Estudantado.

 7. Que son os complementos de formación específicos?

No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a CAPD poderá condicionar a admisión no programa á superación dun máximo de 15 ECTS de complementos de formación específicos, que serán de materias de graos ou mestrados oficiais.

 8. De canto tempo dispoño para realizar os complementos de formación específicos?

Estes complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.