Cursos de formación

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes.

Nalgúns cursos de formación e para o alumnado de estudos de Grao de UDC (plan novo) poderase obter o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral) de se demostrar a aptitude na parte teórica e ter unha asistencia mínima do 85% das clases.

Os prezos destes cursos son orientativos.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algún curso de non alcanzar unha participación mínima. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

Curso de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER)

Curso de Patrón para a Navegación Básica (PNB) non presencial

Licenza de navegación

Monitor de Actividades de Tempo Libre