Campamentos Multideportivos

Ferrol, 2019

imagen multideporte2019

Destinados a nenos e nenas nacidos/as do 1 de xaneiro do 2007 ao 31 de decembro do 2013.

Actividades multideportivas, actividades ambientais, xogos tradicionais galegos, orientación, xincanas,  excursión á praia de Cabanas (Pontedeume) e actividades acuáticas. En función do número de participantes, visitas ao Museo Naval e/ou Museo de Historia Natural.

As actividades acuáticas son opcionais e voluntarias e só poderán participar nelas os/as nenos/as nacidos/as antes do 25 xuño de 2011

Lugar

Instalacións do Centro Cultural Universitario e xardíns do campus de Esteiro.

Tarifas (por quincena)

Fillos/as de membros da comunidade universitaria da UDC: 115 € (sen comedor) ou 181 € (con comedor)

Fillos/as de persoas alleas á UDC: 140 € (sen comedor) ou 206 € (con comedor)

Datas

1–15 de xullo. Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 26 de xuño), persoas alleas á UDC (do 12 ao 26 de xuño)

16–31 de xullo. Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 10 de xullo), persoas alleas á UDC (do 12 de xuño ao 10 de xullo)

        Horarios

Entrada: 8:30 –  9:30 h

Actividades: 9:00 – 14:30 h

Saída: de 14:30 - 15:00 (os nenos/as que teñan comedor sairán entre as 15:00 e as 15:30 h)

O campamento non inclúe transporte agás a saída ás excursións ou saídas programadas.

O servizo de comedor será na cafetería do Centro Cultural Universitario no campus de Esteiro.

Durante o servizo de comedor os nenos/as estarán acompañados por monitores do propio campamento.

Resumo das actividades


Matrícula en liña 

Documentación necesaria:

No momento da inscrición deberá de encher un cuestionario no que terá que achegar copia do libro de familia (folla dos titulares e folla do neno/a).

Inscrición:

1º  autenticación  (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios"  e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez deberá rexistrarse previamente e deberá ser o pai/nai/titor/a do/a neno/a que se quere inscribir no campamento)

2º rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo/a (no caso de non telos previamente rexistrados)

3º unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - Ferrol - Campamento multideportivo

5º prema no enlace "Ver +" e elixa a quenda na que quere inscribilo/a

6º cubra o cuestionario e achegue a copia do libro de familia

7º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme
 

As prazas son limitadas.
Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de inscricións.
Darase preferencia a fillos e fillas de membros da comunidade universitaria.
Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.
 

Información

-Área de Deportes Ferrol. Centro Cultural Universitario (1º andar), campus de Esteiro

Teléfono 881 013 678 / deportesfer@udc.es

-Área de Deportes Coruña. Pavillón de Deportes de Elviña

Teléfonos 881 011 904 / infodeportes@udc.es