Campamentos multideportivos

A Coruña, 2019

CAMPAMENTOS MULTIDEPORTIVOS

Actividades en xuño, xullo e setembro para nenos e nenas


Multideportivo

Nacidos/as do 1 de xaneiro do 2007 ao 31 de decembro do 2013.
Actividades multideportivas, escalada, actividades ambientais, xogos tradicionais galegos, orientación, xincanas,  excursión ao Castro de Elviña e actividades acuáticas. As actividades acuáticas son opcionais e voluntarias e só poderán participar nelas os/as nenos/as nacidos/as antes do 25 xuño de 2011

A Coruña, instalacións deportivas do campus de Elviña

25 - 28 de xuño, comunidade universitaria (con comedor 69 €, sen comedor  45 €), persoas alleas á UDC (con comedor 89 €, sen comedor 65 €)

Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 20 de xuño), persoas alleas á UDC (do 12 ao 20 de xuño)

1 - 15 de xullo, comunidade universitaria (con comedor 181 €, sen comedor 115 €), persoas alleas á UDC (con comedor 216 €, sen comedor 150 €)

Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 26 de xuño), persoas alleas á UDC (do 12 ao 26 de xuño)

16 - 31 de xullo, comunidade universitaria (con comedor 181 €, sen comedor 115 €), persoas alleas á UDC (con comedor 216 €, sen comedor 150 €)

Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 10 de xullo), persoas alleas á UDC (do 12 de xuño ao 10 de xullo)

2 - 6 de setembro, comunidade universitaria (con comedor 80 €, sen comedor 50 €), persoas alleas á UDC  (con comedor 100 €, sen comedor 70 €)

Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 30 de xullo), persoas alleas á UDC (do 12 de xuño ao 30 de xullo)

 

Horarios

Entrada: 8:30 –  9:30 h

Actividades: 9:00 – 14:30 h

Saída: de 14:30 - 15:00 (os nenos/as que teñan comedor sairán entre as 15:00 e as 15:30 h)

O campamento non inclúe transporte agás a saída ás actividades náuticas.

O servizo de comedor será na cafetaría da Facultade de C.C. da Educación.

Durante o servizo de comedor os nenos/as estarán acompañados por monitores do propio campamento.


Resumo das actividades


Matrícula en liña 

Documentación necesaria:

No momento da inscrición deberá de encher un cuestionario no que terá que achegar copia do libro de familia (folla dos titulares e folla do neno/a).

Inscrición:

1º  autenticación  (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios"  e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez deberá rexistrarse previamente e deberá ser o pai/nai/titor/a do/a neno/a que se quere inscribir no campamento)

2º rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo/a (no caso de non telos previamente rexistrados)

3º unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - A Coruña - Campamento multideportivo

5º prema no enlace "Ver +" e elixa a quenda na que quere inscribilo/a

6º cubra o cuestionario e achegue a copia do libro de familia

7º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme
 

 

As prazas son limitadas.
Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de inscricións.
Darase preferencia a fillos e fillas de membros da comunidade universitaria.
Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.
 

Información

Na Coruña, no Pavillón de Deportes do campus de Elviña

Teléfonos 881 011 904, 881 011 905, 881 011 909

infodeportes@udc.es